benvidosempty

luns, 27 de abril de 2020

OBRADOIRO DE XEOMETRÍA CON MOITO MOVEMENTO

Ola familias!
Hoxe comezamos a semana cun obradoiro de xeometría partindo do fermoso conto "Por cuatro esquinitas de nada". Un conto sobre a amizade, a diversidade e a inclusión, que seguro que vos fará reflexionar.




Vídeo-conto
              Canción das formas xeométricas
    
 E para rematar, facemos un pouco de psicomotricidade bailando unha canción!
Moito ánimo! Xa va quedando menos

venres, 24 de abril de 2020

DRAMATIZANDO A MÁSCARA DO LEÓN

Ola nenas e nenos!
Animádevos a dramatizar un contiño?
Tedes que estar moi atentos, xa que o ides ESCOITAR!



E ademáis facemos psicomotricidade practicando IOGA

E para practicar mellor deixámosvos un vídeo

Audioconto "A máscara do león" https://drive.google.com/file/d/1YgyCpNO2F6YKzzkYqHU6SVAAcYhbTsaY/view  do blog https://mtdominguezperez.blogspot.com/ do CRA Mestra Clara Torres de Tui. 

Esperamos que vos gusten as propostas!
Moito ánimo familias!

xoves, 23 de abril de 2020

UN DÍA DO LIBRO DIFERENTE

Hoxe para celebrar o Día do Libro queremos compartir con vos este agasallo, cociñado dende a xanela de Alba,nai dun tiburón.
Un gusto volver escoitar un conto en lingua galega.

https://www.facebook.com/eei.cristo.victoria/posts/1361100130767892?notif_id=1587654525656856&notif_t=page_post_reaction
Sempre nos fas vibrar de emoción!
GRAZAS
Este momento que estamos vivindo e sen dúbida unha oportunidade para viaxar en compañía dun libro, para sumerxirnos en novos mundos e soñar espertos. Dende a escola gustaríanos saber que libro estades lendo,tanto pequen@s como maiores.Sodes modelos para as vosas fillas e fillos.
Podedes deixarnos un comentario aquí co título do libro, ou se o preferides podedes enviarnos unha fotiño ao noso correo electrónico
eei.cristo.victoria@edu.xunta.gal
FELIZ DÍA DO LIBRO! 

mércores, 22 de abril de 2020

DÍA DA TERRA

Voltaremos a coidar e a prantar na nosa hortiña!🍅
Hoxe celebramos o DÍA DA TERRA e dende a escola lanzamos un RETO: que cousas fas ti para coidar o noso planeta?
Anímate a mandar un bonito xesto ao noso correo: eei.cristo.victoria@edu.xunta.gal
Ademáis deixámosvos a canción de Madre Tierra de Macaco e uns vídeos para que vos animedes a prantar na casa.
https://youtu.be/iZWryw2eFjI
https://youtu.be/ySwkerHztvg
https://youtu.be/BbYHwEfbtpk

   COIDEMOS O NOSO PLANETA 🌍

PROPOSTIÑAS DE INGLÉS CON COOKIE

Ola nenas e nenos!
Cookie volve outra vez e ten algo que dicirvos.




                             
Enlaces ás cancións:


                                  


  

                   A APRENDER MOITO!
               

luns, 20 de abril de 2020

APRENDENDO A PENSAR

Queridas familias,
Hoxe deixámosvos unhas propostas relacionadas con "aprender a pensar". A primeira está relacionada coa arte, na cal tamén integramos a lóxica-matemática. A segunda aborda diferentes emocións a través dunha serie de vídeos de curta duración. Cremos que nestes días é especialmente importante favorecer a reflexión, a escoita activa e o manexo das emocións coa cativada.






Por si tedes problema premede aquí :

Se queres, podes enviar os teus traballiños a eei.cristo.victoria@edu.xunta.gal

Unha semana máis, unha semana menos!
Moito ánimo!

venres, 17 de abril de 2020

PROPOSTAS DE PSICOMOTRICIDADE

Ola familias!
Hoxe propoñemos uns xogos tradicionais galegos que podedes facer na casa. Son xogos que moitos de vós coñecedes polo que animádevos a facelos na casa. Tamén deixamósvos un vídeo con circuítos caseiros. Seguro que as nenas e nenas pasan un bo rato.




             AGORA A MANTER O EQUILIBRIO!





Vídeo con circuítos de psicomotricidade



A MOVER O CORPO!

mércores, 15 de abril de 2020

PROPOSTAS DE INGLÉS

Ola nenas e nenos!
Cookie ten un encargo para vós...
Estades preparados?



Na páxina https://www.rtve.es/infantil/series/ premede "con inglés" e "infantil".

Esperamos que vos gusten as propostas!


martes, 14 de abril de 2020

TRABALLANDO CON CONTOS

Ola familias!
Estamos de volta e dende a escola esperamos que todas e todos os atopedes moi bien. Hoxe propoñémosvos unhas actividades a partir de diversos contos:

De que cor é un bico?: onde se abordan as diferentes emocións e como é preciso aprender a xestionalas, especialmente importante para o momento que estamos vivindo.



Se tedes problema co enlace premede aquí: https://www.youtube.com/watch?v=Xmfv-_MW7qg

Gato vermello, gato azul: bo recurso para traballar a autoestima e para aprender a querernos e aceptanos tal e como somos. Atréveste a dramatizalo?




Moito ánimo familias!
Xa queda menos!

sábado, 4 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Ola familias!
O próximo 7 de marzo conmémorase o Día Mundial da Saúde. Este ano adícase o persoal de enfermaría e partería. Dende a escola queremos rendir unha homenaxe a todo o persoal sanitario polo seu labor. Sodes heroes e heroínas!
Deixámovos un póster dixital onde poderedes atopar diversas propostas relacionadas con alimentación saudable e emocións, porque a saúde é mental e física.
Ánimo Familias

mércores, 1 de abril de 2020

XOGANDO A SER CIENTÍFICOS

Ola familias! Deixámosvos uns experimentos moi divertidos para facer cos vosos fillos e fillas. Tamén tedes uns vídeos explicativos para que podades ver cada paso.

A AUGA QUE CAMIÑA

Materiais
-    Vasos de plástico
-    Colorantes vermello, azul e amarelo
-    Auga
-    Papel absorbente

Pasos
1.  Coloca sete vasos en fila e verte auga no primeiro, no terceiro, no quinto e no sétimo. Enche os vasos ata arriba.
2.  Añade 5 gotas de colorante vermello no primeiro vaso e tamén no último. Añade 5 gotas de colorante amarelo no terceiro vaso.
3.  Por último, añade 5 gotas de colorante azul no quinto vaso.
4.  Colle unhas follas de papel absorbente e dobraas pola mitade e dobra outra vez en sentido lonxitudinal. Debes colocalas de un a outro vaso, de forma que conecte cada vaso con o seguinte.
5.  Debes facer o mesmo con todos os vasos.
     VÍDEO
   

O GLOBO QUE INFLA SÓ

Materiais
1 vaso de vinagre
5 cucharadas de bicarbonato sódico
Funil
Botella pequena
Globo
Pasos
  1. Verte el vinagre no interior da botella con axuda do funil
  2. Añade o bicarbonato sódico no interior do globo. Emprega o funil para que resulte máis cómodo este paso.
  3. Coloca a boca do globo cubrindo a boca da botella.
  4. Levanta o globo e deixa caer o bicarbonato sódico do seu interior para que se mezcle có vinagre que previamente añadimos na botella.
  5. Observa como o globo comeza a inflarse.  
VÍDEO

ARCOIRIS LÍQUIDO

Materiais

  • Vaso ou recipiente grande de cristal
  • Taza ou vaso medidor
  • Colorante vermello, amarelo, azul e verde
  • Cucharilla
  • Mel ou xarabe de millo
  • Xabón para lavar os platos azul
  • Alcohol
  • Aceite
 Pasos
  1. Primeiro imos facer a cor púrpura. Para elo, enche a mitade do vaso medidor con mel ou xarabe de millo. Añade unha gota de colorante azul e outra gota de colorante vermello. Remove ben e verte o resultado no vaso grande.
  2. Agora a color azul. É moi sinxelo: basta con que vertas o xabón de color azul ata a mitade do vaso medidor e logo o incorpores moi despacio no vaso grande.
  3. Turno da cor verde. Enche con auga o vaso medidor ata a mitade e añade unha gota de colorante verde. Senón tes, bota unha gota de cor azul e outra de cor amarelo, e remove ben. Incorpora o vaso grande.
  4.  Para facer a cor amarela só tes que encher ata a mitade o vaso medidor con aceite, e botar de novo con moito cuidado ó vaso grande.
  5.  Rematamos cá cor vermella: enche medio vaso medidor con alcohol e añade unha gota de colorante vermello. Mezcla ben e verte no vaso grande a mezcla.
VÍDEO

Xa queda menos! Ánimo!

luns, 30 de marzo de 2020

COOKIE ESTÁ DE VOLTA

Queridas familias,
Hoxe temos unha visita moi especial no blog...

COOKIE!
Bótavos moito de menos e por iso quere mandarvos bicos e apertas a todas e a todos. Tamén quere que vexades un vídeo moi divertido con diferentes cancións en inglés para que non deixedes de aprender.


Ademais duns xogos para aprender vocabulario: roupa, comida, animais, partes do corpo...



Bicos familias!

domingo, 29 de marzo de 2020

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA. CORONAVIRUS COVID-19


A Consellería de educación vén de publicar a Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as axudas de carácter directo para as familias usuarias do servizo de comedor, durante a suspensión do mesmo como consecuencia do COVID-19  

1.  A QUE PERSOAS VAI DIRIXIDO?

Os usuarios de comedor que figuran como GRATUÍTOS ou ben PAGAN  1€ por comida


2.  EN QUE CONSISTE A AXUDA?


Axúdase economicamente a manutención do alumno ou alumna usuario de comedor. Aboarase por cada día:

(2,50 €) para alumnado con gratuidade total
(1,50 €) para o alumnado que paga 1€  

3.  QUE DÍAS CUBRE ESTA AXUDA?

     Marzo: dende o día 16 ata o 31 de marzo: en total só 11 días lectivos.
     Abril: dende o 1 ó 3 de abril: en total só 3 días.
    Prórroga: si se prolonga outros 15 días cubriría (días lectivos) ata o 1 de maio (non incluído por ser festivo)

4.  COMO SE VAI A PAGAR?

En dous pagamentos.

1  pagamento: polo período de marzo e o de abril ata semana santa (3 abril).

2  pagamento: si se prorroga unha terceira situación de alarma ata o 1 de maio.

5.  COMO PRESENTAR A SOLICITUDE E  QUE  PRAZO  HAI?

Prazo: dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive.

Presentación: de dúas formas:

1.   Formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Para elo é necesario ter certificado dixital, ou a chave 365. O código de procedemento aparece na Orde do 27 de marzo de 2020 cando se publique no BOE ( suponse o luns 30 de marzo)

2. Dirección do centro: enviando un correo electrónico a eei.cristo.victoria@edu.xunta.es cos seguintes datos:

Ø Nome do pai/nai:
Ø DNI do pai ou nai:
Ø Nome do alumno/a:
Ø Pagamento: gratuidade total ou abono de 1€
Ø Número de conta bancaria:

6.  PUBLICÁRASE A RESOLUCIÓN DAS FAMILIAS BENEFICIADAS?
NON, porque son datos de especial vulnerabilidade, entón non será exposto publicamente as familias beneficiadas de acordo artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de  xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Aclaración: cada familia saberá si é beneficiaria por ingreso de conta bancaria.

7. CANTO TEMPO TARDA EN RESOLVERSE A RESOLUCIÓN?
10 días, desde que finalice o prazo de presentación de solicitudes.


8. CANTO TEMPO TARDA A XUNTA DE GALICIA EN ABOAR O PAGAMENTO?
5 días dende que salga a resolución.


                                    Un cordial saúdo.
                                      A dirección 
                           EEI CRISTO DA VICTORIA

sábado, 28 de marzo de 2020

CONTOS NA CASA

A continuación propoñemos uns contos para que visionedes na casa. Ademais tamén deixamos unhas actividades para facer antes e despois de escoitalo. O recomendable é que primeiro as nenas e os nenos escoiten o conto e logo o visualicen, para así desenvolver a atención, a imaxinación, a escoita activa…
Antes de escoitar o conto:
-          Observar a portada e describila…
-          Imaxinar a historia do conto
-          Adiviñar o título
Despois do conto:
-          De que trataba?
-          Que personaxes aparecen? Cantos? Como son?
-          Cales son as emocións que senten?
-          Inventar un novo final
-          Cambiar o título do conto
-          Facer un debuxo do que máis lles gustou
-          Dramatizalo: debuxar os personaxes e colocarlles un pau como si fora un títere ou moldealos con plastilina.

O día en que a mamá se lle puxo cara de teteira

O DIA EN QUE A MAMA SE LLE PUXO CARA DE TETEIRA | RAQUEL SAIZ ...


A princesa do Caurel

A PRINCESA DO CAUREL | JAVIER SOLCHAGA | Comprar libro 9788496573529

Os sete cabritos

Os sete cabritos (Os contos do Trasno): Amazon.es: Ballesteros ...


ÁBRETE CONTO FALA PARA MIN, CÓNTAME AS COUSAS QUE AÍNDA NON VIN



venres, 27 de marzo de 2020

Propostas para mover o corpo

Boas Familias!
Sabemos que nestes días pode ser complicado que as vosas fillas e fillos realicen actividade física. Sen embargo, propoñémosvos unha serie de propostas sinxelas para mover o corpo, empregando cousiñas que teñades na casa.
  •   Pisadas divertidas: facer siluetas das mans e dos pés e pintalas. 


 

         Outra maneira moi divertida é colocar aros, se non tedes podedes facelos con cartulina.

  • Saltos de cores: podedes pegar cinta adhesiva ou recortar tiras de papel de diferentes cores, poñendo máis ou menos distancia entre elas.
  • Camiñar seguindo as líneas: xenial para manter o equilibrio. Pode empregarse lá, cinta adhesiva…
      Lembrade que un día máis é un día menos!  

      A mover o esqueleto!

        



luns, 23 de marzo de 2020

PROPOSTAS LÓXICO-MATEMÁTICAS


Boas Familias!
A continuación deixámosvos una serie de propostas lóxico-matemáticas para facer estes días na casa. É importante que incitedes os nenos/as a que conten, clasifiquen, numeren con cousas que teñamos ou nas diferentes tarefas do fogar.

1.       Asociar número e cantidade con cousas que teñamos na casa: pinzas, tapóns, plastilina, paus...






2.       Clasificar obxectos da casa pola súa utilidade e colocalos no seu sitio: de cociña, de hixiene, de vestimenta… Unha vez clasificados poden contalos.


3.       Realizar unha axenda con números de télefono dos familiares. Nesta actividade ou ben os nenos/as poden escribir os números e pegar unha fotografía ou debuxo do familiar ó lado, ou ben darlle vos recortes dos números para que os peguen. 


Non esquezades a importancia que ten que os vosos fillos e fillas teñan unas rutinas diarias e que participen de maneira activa nas tarefas da casa ( poñendo e recollendo a mesa, axudar a limpar, ordear o seu cuarto…).

Ánimo familias!

EUQUEDONACASA

domingo, 22 de marzo de 2020

DIA MUNDIAL DA AUGA

OLA FAMILIAS, AQUI SEGUIMOS COAS DATAS SINALADAS E CON ISO PROPOÑENDOOS DISTINTAS ACTIVIDADES PARA XOGAR COS VOSOS FILLOS E FILLAS.

HOXE 22 DE MARZO É O DIA MUNDIAL DA AUGA, ESE BEN TAN ESENCIAL NAS NOSAS VIDAS E QUE DIA TRAS DÍA TEMOS QUE CONTINUAR COIDANDO. POR ISO VOS DEIXAMOS EN PRIMEIRO LUGAR DOUS ENLACES, UN CON VARIOS CONTOS SOBRE O A AUGA E O SEGUNDO CON CANCIÓNS DA AUGA E CON COREOGRAFÍA, PARA PODER MOVER O ESQUELETO!

POR OUTRA BANDA TAMÉN PODEMOS FACER XOGOS UTILIZANDO AUGA DENTRO DA CASA. COMO POR EXEMPLO:
  • FACER TRASVASES UTILIZANDO ESPONXAS, VASOS DE DIFERENTES TAMAÑOS, XIRINGAS COMO AS QUE VEÑEN NOS XAROPES, OU CON PALLIÑAS
  • COÑECER OS ESTADOS DA AUGA: CREANDO XEO DE CORES PARA DESPOIS PODER PINTAR CON EL E VER COMO VOLVER CONVERTERSE EN LÍQUIDO, OU VER COMO SE EVAPORA A AUGA METENDOA NUNHA BOLSA HERMÉTICA E PEGANDOA NA VENTÁ...COMPROBANDO COMO LLE SAEN AS GOTIÑAS...
  • REGAR PRANTAS
  • XOGAR A FACER HIPÓTESES DE QUE OBXECTOS SE AFUNDIRÁN OU NON.
  • EXPERIMENTOS CON AUGA.  PREMEDE NO SEGUINTE ENLACE
  • E POR SUPOSTO, DESPOIS DUN LONGO DÍA SEMPRE É NECESARIO VOLTAR Á CALMA, E COMO NON PODÍA SER DE OUTRA MANEIRA, O FACEMOS ESCOITANDO A AUGA E QUE NOS DEIXE VOAR ATA O MAR QUE TEMOS TAN PRETO DAS NOSAS CASAS ESTES DÍAS PERO QUE NON PODEMOS IR ATA ÉL. PREME AQUI


DESEXAMOS QUE VOS GUSTEN AS PROPOSTAS!


CONTINUAMOS....#EUQUEDONACASA

mércores, 18 de marzo de 2020

PLAZO DE ADMISIÓN APLAZADO


CESE DE ACTIVIDADES PRESENCIAIS NA ESCOLA
Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19:
(…) 1. Se suspende la actividad educativa presencial en todos los centros y etapas, ciclos, grados, cursos y niveles de enseñanza contemplados en el artículo 3 de la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación, incluida la enseñanza universitaria, así como cualesquiera otras actividades educativas o de formación impartidas en otros centros públicos o privados. (…)
(…) 1. Se suspenden todos los procesos administrativos. El cómputo de los plazos se reanudará en el momento en que pierda vigencia el presente real decreto o, en su caso, las prórrogas del mismo. (…)
POLO QUE:
O PRAZO DE ADMISIÓN QUEDA SUSPENDIDO, E SERÁ REANUDADO CANDO PERDA VIXENCIA O ESTADO DE ALARMA.
QUEDAMOS Á VOSA DISPOSICIÓN NO TELÉFONO DA ESCOLA E NO SEU MAIL:
886120205 eei.cristo.victoria@edu.xunta.gal