benvidosempty

luns, 11 de maio de 2020

OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS CON MANDALAS

Ola familias!
Comezamos a semana cun obradoiro de matemáticas traballando a xeometría a partir de mandalas.
Aí van as propostas:





Máis ideas
 

Desexamos que vos guste!



mércores, 6 de maio de 2020

REAPERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN



Información importante para as familias que están valorando a nosa escola para matricular os seus cativ@s.

      Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. Ambas datas incluídas.

Horario de apertura da escola para tal fin: de 9:30 a 13:30

Documentación necesaria:

ü  Solicitude cuberta e firmada polos dous proxenitores.
ü  Fotocopia do DNI do cativ@ ou do libro de familia que acredite a idade do alumn@. Dita fotocopia a podemos facer na escola.



 Novos prazos do procedemento.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

   
Para posibles aclaracións tedes a vosa disposición o correo electrónico da escola eei.cristo.victoria@edu.xunta.gal e os números de teléfono 886120209 e o 886120205.
                                  Saúdos do Equipo Directivo
                            ESCOLA CRISTO DA VICTORIA                   
                                                                                     

MÓVETE CON COOKIE

Ola nenas e nenos!
Cookie quere que esta semana movas o teu corpiño. Ademais quere que escoites o conto "The very hungry caterpillar".
Animádevos!




“SHAKE  IT OUT”


                      “IF YOU ARE HAPPY”

                        “MAKE A CIRCLE”


              Desexamos que vos guste!

luns, 4 de maio de 2020

UN OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS MOI LARPEIRO

Familias!
Comezamos a semana partindo dun conto moi divertido " Unha eiruga moi larpeira". Este conto permite traballar diversos aspectos para o desenvolvemento infantil: cores, cantidades, tamaños, hábitos saudables, nocións temporais e o fermoso ciclo de eiruga a bolboreta. 
Aí van as propostas:




 Traballamos a atención e o conteo levando a cabo un rexistro semanal dos alimentos que come a eiruga cada día




                                Vídeo-conto
                                                    
Esperamos que vos gusten as propostas!

sábado, 2 de maio de 2020

OS MAIOS

Benqueridas familias!
É tempo de maios, por iso queremos compartir con vos esta festa dende a distancia. Deixámosvos un pequeno recordatorio cunhas fotos de anos atrás, así como unha copla elaborada con moito cariño para todas as cativas e cativos da escola. Tamén, gustaríanos que elaboredes un maio empregando material de refugallo. E como non, que escoitedes o poema de Manuel Curros Enríquez "O maio" coa voz de Luís Emilio Batallán.




                        Esperamos que vos guste!

venres, 1 de maio de 2020

DRAMATIZANDO A ELMER

Boas familias!
Hoxe deixámosvos un obradoiro de teatro de sombras e psicomotricidade co elefante Elmer como protagonista. Coñecedes o conto?



                                                             
                   Vídeo-conto Elmer
Como facer un teatro de sombras?
Plantillas Elmer

E para mover un pouco o corpo facemos psicomotricidade cos animais do conto



Esperamos que vos gusten as propostas!

mércores, 29 de abril de 2020

CONTA CON COOKIE

Ola nenas e nenos!
Hoxe Cookie quere que repases unhas cousiñas.
Preparad@s?





                                                                         https://global.cbeebies.co
Bye-bye families!

luns, 27 de abril de 2020

OBRADOIRO DE XEOMETRÍA CON MOITO MOVEMENTO

Ola familias!
Hoxe comezamos a semana cun obradoiro de xeometría partindo do fermoso conto "Por cuatro esquinitas de nada". Un conto sobre a amizade, a diversidade e a inclusión, que seguro que vos fará reflexionar.




Vídeo-conto
              Canción das formas xeométricas
    
 E para rematar, facemos un pouco de psicomotricidade bailando unha canción!
Moito ánimo! Xa va quedando menos

venres, 24 de abril de 2020

DRAMATIZANDO A MÁSCARA DO LEÓN

Ola nenas e nenos!
Animádevos a dramatizar un contiño?
Tedes que estar moi atentos, xa que o ides ESCOITAR!



E ademáis facemos psicomotricidade practicando IOGA

E para practicar mellor deixámosvos un vídeo

Audioconto "A máscara do león" https://drive.google.com/file/d/1YgyCpNO2F6YKzzkYqHU6SVAAcYhbTsaY/view  do blog https://mtdominguezperez.blogspot.com/ do CRA Mestra Clara Torres de Tui. 

Esperamos que vos gusten as propostas!
Moito ánimo familias!

xoves, 23 de abril de 2020

UN DÍA DO LIBRO DIFERENTE

Hoxe para celebrar o Día do Libro queremos compartir con vos este agasallo, cociñado dende a xanela de Alba,nai dun tiburón.
Un gusto volver escoitar un conto en lingua galega.

https://www.facebook.com/eei.cristo.victoria/posts/1361100130767892?notif_id=1587654525656856&notif_t=page_post_reaction
Sempre nos fas vibrar de emoción!
GRAZAS
Este momento que estamos vivindo e sen dúbida unha oportunidade para viaxar en compañía dun libro, para sumerxirnos en novos mundos e soñar espertos. Dende a escola gustaríanos saber que libro estades lendo,tanto pequen@s como maiores.Sodes modelos para as vosas fillas e fillos.
Podedes deixarnos un comentario aquí co título do libro, ou se o preferides podedes enviarnos unha fotiño ao noso correo electrónico
eei.cristo.victoria@edu.xunta.gal
FELIZ DÍA DO LIBRO! 

mércores, 22 de abril de 2020

DÍA DA TERRA

Voltaremos a coidar e a prantar na nosa hortiña!🍅
Hoxe celebramos o DÍA DA TERRA e dende a escola lanzamos un RETO: que cousas fas ti para coidar o noso planeta?
Anímate a mandar un bonito xesto ao noso correo: eei.cristo.victoria@edu.xunta.gal
Ademáis deixámosvos a canción de Madre Tierra de Macaco e uns vídeos para que vos animedes a prantar na casa.
https://youtu.be/iZWryw2eFjI
https://youtu.be/ySwkerHztvg
https://youtu.be/BbYHwEfbtpk

   COIDEMOS O NOSO PLANETA 🌍

PROPOSTIÑAS DE INGLÉS CON COOKIE

Ola nenas e nenos!
Cookie volve outra vez e ten algo que dicirvos.




                             
Enlaces ás cancións:


                                  


  

                   A APRENDER MOITO!
               

luns, 20 de abril de 2020

APRENDENDO A PENSAR

Queridas familias,
Hoxe deixámosvos unhas propostas relacionadas con "aprender a pensar". A primeira está relacionada coa arte, na cal tamén integramos a lóxica-matemática. A segunda aborda diferentes emocións a través dunha serie de vídeos de curta duración. Cremos que nestes días é especialmente importante favorecer a reflexión, a escoita activa e o manexo das emocións coa cativada.






Por si tedes problema premede aquí :

Se queres, podes enviar os teus traballiños a eei.cristo.victoria@edu.xunta.gal

Unha semana máis, unha semana menos!
Moito ánimo!