benvidosempty

mércores, 20 de maio de 2020

OBRADOIRO DE INGLÉS "COOKIE E OS SEUS AMIGOS"

Ola nenas e nenos!
Cookie traévos unhas cousiñas sobre os seus amigos: os animais.
Moi atentos.

RIDDLES  (WHO AM I?)

“HOORAY FOR FISH” 

12 BEST ART PROJECTS FOR KIDS

                     Bye-bye everyone!

luns, 18 de maio de 2020

OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS "A QUE SABE A LÚA?"

Familias! Comezamos unha nova semana cun conto moi fermoso "A que sabe a lúa". Ademais lanzámosvos un novo reto para traballar a iniciación ás medidas de lonxitude: construir unha torre moi alta.









CONTO
EXPERIMENTO AREA LUNAR
Un bico familias!

sábado, 16 de maio de 2020

TRABALLIÑOS DA NOSA CATIVADA

Ola familias!
Deixámosvos unhas fotiños das nosas nenas e nenos con algunhas das propostas plantexadas nestes días. Estade moi atentos xa que un deles lanza un reto!





 RETO: ATOPA AS DIFERENZAS NESTAS DÚAS MANDALAS CON BANDEIRAS

venres, 15 de maio de 2020

XOGANDO COAS LETRAS...COÑECENDO A RICARDO

Ola familias!!

Tras unha semana na que tivemos o pracer de pararnos na poesía, nos contos, na música e na pintura, sendo o fío conductor nosa lingua, hoxe presentámosvos ao homenaxeado deste ano das letras galegas: Ricardo Carballo Calero.
Se picades na súa imaxe poderedes acceder a un xogo co que aprenderedes máis cousas sobre este autor, ao que neste 2020 a real Accademia Galega dedica o Día das Letras.



BOA FIN DE SEMANA DAS LETRAS!!!

FELIZ DÍA DAS LETRAS!

OBRADOIRO DE TEATRO E PSICOMOTRICIDADE "VACÍO"

Familias!
Hoxe presentámosvos o conto"Vacío" de Anna Llenas. Un conto moi especial para estes momentos de cambios nas nosas vidas. Desexamos que vos guste.
Aí van as propostas:
 A PROFE MAMEN ENSÍNANOS O CONTO


QUE PODE TER JULIA NO SEU BALEIRO? AQUÍ TEDES ALGUNHAS IDEAS...
FACEMOS PSICOMOTRICIDADE XOGANDO A RODA



Como facer un frisbee?:https://www.pequeocio.com/frisbees-tutorial/

Contacontos "Vacío":https://www.instagram.com/tv/B93-AU6q7kZ/?hl=es

A DESFRUTAR!

xoves, 14 de maio de 2020

.... PINTANDO AS NOSAS LETRAS ....


Ola familias!!

O cuarto día da semana das Letras Galegas ímolo celebrar a través da arte.
Para iso podemos facer unha VISITA VIRTUAL SONORO EMPEÑO, que axudará ao alumnado a lembrar a nosa saída de Arte con Chocolate, na que coñecimos de preto a arte fusionada co mundo sonoro.

Se premedes AQUI poderedes viaxar ata a fundación, e camiñar polos seus corredores.

Tras isto virtual propoñémosvos que vos deteñades nesta muller, MENCHU LAMAS!. Ela é unha pintora viguesa moi coñecida, quen ten as súas obras por exemplo no Museo patio Herreriano de Valladolid ou no reina Sofía de Madrid, e por suposto agora a colección na Afundación. 

Se premedes na súa imaxe poderedes ver as súas 3 obras na Afundación.




Agora podedes facer réplicas dos cadros, a través de técnicas como: estampacións con corchos, esponxas...facendo trazos verticais e horizontais, con recortes de revistas e xornais, uso do pincel e os dedos....e toco canto se vos ocorra.

Viaxar!! viaxar coa vosa imaxinación  inesgotable!!! 


A continuación deixámosvos algunha outra obra de Menchu moi sinxeliñas coas que poder adentrarnos máis nas formas xeométricas, trazos e a cor.














Feliz cuarto día das Letras Galegas!!!!!!


mércores, 13 de maio de 2020

...HAS DE CANTAR, MENIÑA GAITEIRA...

Ola familias!!!

Para coller con forzas a terceira proposta das nosas letras, recordamos o primeiro poema de Cantares de Rosalía, onde nos remarca ese cantar a Galicia na nosa lingua.

Por tal motivo, hoxe cantamos a Galicia en Galego, da man desta canción de Uxía Lambona e a banda molona, onde na súa videoclip podemos ver a unha chea de personaxes públicos recoñecidos como: cantantes, actores e actrices, xornalistas, humoristas, cómicos...


VERDESCENTE 


"...Miña terra miña terra,

eu sempre te amarei, 
abrazado ao teu peito 
eu sempre estarei..."





E para rematar, un dos protagonistas do vídeo quérevos saúdar, nada máis e nada menos que un grande artista vigués moi querido por todos GERMÁN FANDIÑO / TONY LOMBA.


E AGORA.....A BAILAR!!!!!!!!!!!!

COCIÑANDO CON COOKIE

Ola nenas e nenos!
Hoxe imos cociñar co noso amigo Cookie.
Preparade o mandil que imos comezar!
 


“DO YOU LIKE BROCCOLI ICE CREAM?”
“DO YOU LIKE SPAGUETTI YOGURT?”
“DO YOU LIKE LASAGNA MILSHAKES?”

CHEF´S HAT CRAFT


22 QUICK AND EASY RECIPES FOR KIDS
 A COCIÑAR MOITO!

martes, 12 de maio de 2020

....EU FALO GALEGO...EU "CONTO" EN GALEGO...


Ola familias!!!!

Continuamos coa semana das letras e hoxe temos unha nova sorpresa: unha grande contacontos que nos revelará a súa identidade cando a historia remate.



Aproveitamos para recomendarvos a lectura en galego, pero desta vez...dun xeito moi especial!!! Nada máis e nada menos que replicando as portadas dos contos!  Abride ben os ollos porque....Adiviñades quen son as profes que replican os libros?












Gustouvos??? seguro que a máis dun sacoulle un gran sorriso! Por iso,  animámosvos a que disfrutedes cos  vosos contos en galego e repliquedes as vosas portadas!  E non cabe dúbida de que estaremos encantadas de recibilas!!


Bo dia lector familias!!!!!

luns, 11 de maio de 2020

SEMANA DAS LETRAS...ARRINCAMOS!


Ola familias!!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega aínda non se perdeu no calendario e lembra perfectamente que esta semana no cole estariamos a celebrar ao grande a semana das letras galegas.

 Por tal motivo, e  vendo na situación na que nos atopamos, o imos conmemorar cada un de nós dende a súa casa pero sempre cun gran sorriso e preparados para recibir cada día unha sorpresa nova.

Para comezar temos unha grata e grande sorpresa: nada máis e nada menos que o poeta  Antonio García Teijeiro, Vigués distinguido e Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil.
Un grande escritor e grande persoa que nos saúda a través da súa obra dun xeito moi especial.

Moitas grazas Antonio!!Escoitarte sempre é un pracer.






UN BICO MOI GRANDE FAMILIAS!