Familias! Partindo do conto traballado esta semana, "Un libro", propoñémovos unhas actividades relacionadas con dramatización e psicomotricidade. Tamén deixámosvos outros contiños deste artista que pode gustarvos.
Ola familias! Comezamos a semana cun conto titulado "La huerta de Simón", onde traballaremos a convivencia en armonía, a alimentación saudable e o contacto coa natureza.
Aí van as propostas!
RETO 1: CAL DESTES ALIMENTOS NON SAE DA HORTA? ATOPA O INTRUSO
RETO 2: CAL DESTAS FOLLAS NON SAE DA HORTA?
RETO 3: VOLVE A CONTAR ESTES ALIMENTOS E CORRIXE O RESULTADO
RETO 4: ANÍMASTE A FACER UNHA SERIE CON ALIMENTOS?
Benqueridas familias!
Hoxe propoñémosvos un obradoiro de teatro de psicomotricidade a partir do conto traballado durante a semana "A que sabe a lúa?".
Para facer a mariola podemos empregar témperas e así
crear os animais. Logo, os numeramos e collemos un dado. Chegamos ata eles
saltando, a pata coxa, de crequenas...
É importante deixar a suficiente separación entre os
animais.
A ruleta a podemos crear con cartón ou cartolina. Establecemos quendas para imitar os diferentes animais.
COMO FACER UNHA LÚA DE CARTÓN?
Para facer a area lunar e volver a escoitar o conto,
remitimosvos a entrada do luns
Familias! Comezamos unha nova semana cun conto moi fermoso "A que sabe a lúa". Ademais lanzámosvos un novo reto para traballar a iniciación ás medidas de lonxitude: construir unha torre moi alta.