benvidosempty

venres, 9 de outubro de 2020

OS DE 3 ANOS XA ELEXIMOS OS NOSOS NOMES.



Queridas familias

        Os nenos e nenas de 3 anos xa fai máis dunha semana que rematamos o período de adaptación á escola...e aínda que houbo algún que outro choro..fomos uns auténticos campións e xa estamos case totalmente adaptados a dinámica da escola e da nosa aula...
    
    Como sabedes é tradición que cada aula teña un nome que a identifique dentro da escola..e nos, non ibamos a ser menos...e os nomes elixidos foron os de AULA DAS POMPAS e AULA DOS MAG@S
👏👏👏


 Agora xa comenzamos a traballar polos distintos rincóns, e aquí podedes ver algunhas das actividades que estamos a levar a cabo estes días..










     


        Esperamos que vos gusten, e mandámosvos un abrazo cheo das cores das pompas e cheo de maxia.

mércores, 17 de xuño de 2020

~~GRADUACIÓN~~

Queridas familias

Fai xa 3 anos que chegàstedes a nosa escola,  e agora toca poñer un punto e aparte na nosa historia.

Este ano, non podemos facervos un acto de graduación como vos mereceríades, e por iso, todos os mestres e coidadoras da escola, así como distintas mestras q pasaron pola vosa vida durante estes 3 anos, quixemos facervos un vídeo que esperamos vos faga ilusión.

 Cada día durante estes últimos anos, cando entráchedes na escola, Fóstedes fabulosos, intelixentes, exploradores, científicos, matemáticos, creativos, bos amigos, únicos... en definitiva, fóstedes a RAZÓN de que estivéramos ó voso lado.

Desfrutade do verán Nubes e Estrelas, xa que en setembro comenzará unha nova aventura...pero recordade, que tal e como di Winnie the Pooh:

"Eres mais valente do que crees,
mais forte do que pareces,
e mais intelixente do q pensas"

😉

luns, 15 de xuño de 2020

PÓSTER DIXITAL CON SABOR A VERÁN

Benqueridas familias!
Presentámosvos as últimas propostiñas dos obradoiros a través dun póster dixital.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!
 UN BICO FAMILIAS!

venres, 12 de xuño de 2020

OBRADOIRO DE TEATRO E PSICOMOTRICIDADE

Ola familias! Hoxe presentámosvos un obradoiro de teatro partindo do conto "A Cebra Camila". Tamén, un obradoiro de psicomotricidade cuns xogos para facer na praia.
Aí van as propostas.







A DESFRUTAR!

mércores, 10 de xuño de 2020

OBRADOIRO DE INGLÉS CON COOKIE

Ola nenas e nenos!
Cookie ten preparadas unhas actividades moi divertidas.
Preparad@s?

 “HELLO HELLO! CAN YOU CLAP YOUR HANDS?”
“BABY SHARK”

 “SPOTTED AND STRIPPED BALLOONS”


“CAMEL HANDPRINT CRAFT”
Goodbye families!

luns, 8 de xuño de 2020

OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS

Ola familias! Comezamos a semana cun obradoiro variado de matemáticas.
Esperamos que vos gusten os xogos.



COMO FACER UN TANGRAM? IDEAS
UN BICO FAMILIAS!

venres, 5 de xuño de 2020

XOGANDO COAS CORES

Familias! Partindo do conto traballado esta semana, "Un libro", propoñémovos unhas actividades relacionadas con dramatización e psicomotricidade. Tamén deixámosvos outros contiños deste artista que pode gustarvos.





UN BICO FAMILIAS!

mércores, 3 de xuño de 2020

luns, 1 de xuño de 2020

OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS " UN LIBRO"

Familias! Comezamos o mes de xunio cun conto cheo de cor "Un libro" de Hervé Tullet. Un conto cheo de sorpresas.
Aí van as propostas.






VÍDEO-CONTO
A XOGAR COAS CORES!

venres, 29 de maio de 2020

COIDANDO A HORTA E O NOSO CORPO

Boas familias! Hoxe traemos un obradoiro de teatro e psicomotricidade partindo do conto " La huerta de Simón".
Esperamos que vos guste.



BAILAMOS CON PICA-PICA
COMO FACER UN ESPANTALLO?
PARA VOLVER ESCOITAR O CONTO REMITIMOSVOS A ENTRADA DO LUNS

UN BICO FAMILIAS!

mércores, 27 de maio de 2020

COOKIE E AS EMOCIÓNS

Ola nenas e nenos!
Animádevos a aprender as emocións en inglés?
Prestade moita atención.

 “ONE SMALL SPOT SONG” 

 “MOODS SONG”  
“THE COLOUR MONSTER”
Goodbye families!

luns, 25 de maio de 2020

UN OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS SAUDABLE

Ola familias! Comezamos a semana cun conto titulado "La huerta de Simón", onde traballaremos a convivencia en armonía, a alimentación saudable e o contacto coa natureza.
Aí van as propostas!


RETO 1: CAL DESTES ALIMENTOS NON SAE DA HORTA? ATOPA O INTRUSO
RETO 2: CAL DESTAS FOLLAS NON SAE DA HORTA?
RETO 3: VOLVE A CONTAR ESTES ALIMENTOS E CORRIXE O RESULTADO
 RETO 4: ANÍMASTE A FACER UNHA SERIE CON ALIMENTOS?
CONTO 
DESEXAMOS QUE VOS GUSTE!

venres, 22 de maio de 2020

XOGANDO COA LÚA

Benqueridas familias!
Hoxe propoñémosvos un obradoiro de teatro de psicomotricidade a partir do conto traballado durante a semana "A que sabe a lúa?".



 Para facer a mariola podemos empregar témperas e así crear os animais. Logo, os numeramos e collemos un dado. Chegamos ata eles saltando, a pata coxa, de crequenas... 
É importante deixar a suficiente separación entre os animais.
A ruleta a podemos crear con cartón ou cartolina. Establecemos quendas para imitar os diferentes animais.

COMO FACER UNHA LÚA DE CARTÓN?
Para facer a area lunar e volver a escoitar o conto, remitimosvos a entrada do luns
UN BICO FAMILIAS!