benvidosempty

xoves, 14 de febreiro de 2019

3, 2, 1....despegue!!!!

Agora sí que si, os ananos de 3 anos do Cristo da Victoria teñen todo preparado para poder explorar pouco a pouco todo o que acontece na nosa Vía Láctea.

Para comezar tivemos un viaxe do máis virtual!

Tras estos momentos tan divertidos, comezamos a explorar cada un dos elementos que conforman o espazo utilizando para iso material aportado polas familias (GRAZAS!!) e marcandoo no noso pasaporte espacial.

Coñecimos as galaxias e como non, a nosa,  a Vía Láctea. Ademáis comprobamos que teñen forma de espiral, como decimos algúns de nós, forma de caracol, polo que demos paso a traballar dito trazo, entre elas...
repasando con gomets

camiñando polas galaxias cos nosos cascos de astronautas

Tamén coñecimos as nebulosas, un polvo cheo de moooita cor! para representalo, levamos a cabo dúas técnicas.
con algodón, auga de cores e purpurina

disparando con pulverizadores

así vai quedando o noso recanto

E mentres tanto comezamos xa a traballar no traballo cooperativo a pequena escala, e de momento dásenos moi ben!


luns, 11 de febreiro de 2019

OS ANANOS DE 3 TAMÉN VIAXAN Ó ESPAZO!

Como sabedes, no cole do Cristo da Victoria temos como proxecto de centro "as mulleres con pegada" e os máis peques do cole non ían ser menos!!

Chegounos un video no cal falábanos unha astronauta, Valentina Tereshkova. Propúxonos facer unha viaxe con ela polo espazo e...que pensades que pasou?? que tanto cabalos coma tiburóns apuntáronse rápidamente a esta experiencia tan increíble!

Tras ver vídeos de Valentina e de cómo vestiuse e subiu ao espazo e como movíase dentro da nave comenzamos a traballar


fixemos a corpo de valentina para o noso mural

realizamos as nosos cascos para poder respirar no espazo

.




















E grazas ao noso traballo incansable, Valentina deunos a tarxeta de embarque para poder viaxer con ela.
Tras isto comprobamos que viaxaban en cohetes, polo que ademais de experimentar coas texoiras, tamén reforzamos o traballo sobre o noso nome.



E por suposto confecionamos os nosos no recanto de construccións de cohetes.


Por último decoramos o noso recanto do xogo simbólico, onde agora, xogar coas lanternas está sendo un auténtico goce!



e ben preparados para poder subir ao espazo!!


venres, 8 de febreiro de 2019

A casiña, un recuncho vital

Unha das señas de identidade da Escola Cristo da Victoria, que fai as delicias do noso alumnado, é o recanto da casiña.
Cada aula conta cunha casa de madeira de 2x3 metros onde damos renda solta ó xogo simbólico. @s cativ@s son os protagonistas,conviven e trasmiten as súas vivencias.
Este recuncho tan máxico está en constante transformación, depende do proxecto no que este inmerso o grupo nese trimestre.



Observatorio

Tenda de disfraces


 Nave espacial 







martes, 5 de febreiro de 2019

PINCELADAS DE ARTE

Na escola Cristo da Victoria apostamos pola arte e deixamos que a cativada exprese toda a sua creatividade.
Unha das chaves para cautivar o alumnado nesta disciplina tan completa é ofrecerlle modelos e que coñezan a existencia de artistas cos seus estilos e que entendan que cada obra transmite un sentimento ou ideas.
Durante o mes de xaneiro as xoaniñas descubrimos ó gran Pablo Picasso da man dos seus cadros maís representativos, símbolos universais da Paz, e  nos animamos a facer replicas.


Comenzamos ca obra "Paloma da Paz", a única premisa era facer un boceto o mais parecido posible con lapiz e cando estiveran convencidos o rotularan.



Na obra "Niño con paloma" fixemos unha composición cas nosas fotos collendo unha pomba entre as mans.


Así luce o corredor da nosa aula!!
A obra "Niña con corona y barco" foi todo un reto. debuxamos e coloreamos para despois recortar as pezas do puzzle e montar no lienzo realizado previamente. desta forma traballamos as líneas do ceo, do chan e as cores do fondo.
Tamén traballamos de forma significativa a escritura, pois cada xoaniña lle deu o seu nome o cadro. 




COÑECEMOS A VALENTINA TERESHKOVA

Como xa sabedes na escola Cristo da Victoria seguimos investigando sobre "Mulleres con pegada", e xa fai uns días que ás aulas de 4 anos chegou unha caixa sorpresa que nos deu pistas para descubrir quen era a seguinte muller a traballar. Sería Valentina Tereshkova, a primeira muller que chegou ao espazo.




A partir de este momento, comezamos a decorar a nosa casiña para poñernos "Rumbo ao espazo". Pintámola e a decoramos con constelacións e con astronautas coas nosas caras.



Tamén elaboramos o noso propio Sistema Solar, á vez que fomos descubrindo cousas sobre o mesmo.







Descubrimos as nebulosas e creamos as nosas propias, así como decoramos platos para que os nosos amigos extraterrestres tiveran os seus propios "platillos volantes"


E por último, descubrimos e gozamos da Realidade Virtual, sentíndonos como se estivésemos voando polo  espazo.