benvidosempty

luns, 30 de setembro de 2019

Periodo de adaptación rematado



Na escola Cristo da Victoria estamos de noraboa, o periodo de adaptación chegou o seu fin para os nosos 35 cativ@s que empezaron aló polo 11 de setembro a súa travesía na nosa compaña.
Foron días para coñecernos, para crear vínculos, explorar os espazos da escola, visitar a Nubes, Estrelas, Cabalos e Tiburóns, e descubrir as propostas pensadas con tanto agarimo para eles.
Estes días foron intensos, non faltaron os choros e as apertas para acollelos, para darlle a seguridade que necesitan para explorar e gozar do xogo.  A mesa de luz e a mesa de experimentación convertíronse nas nosas aliadas dentro das aulas para disfrutar en compañia dos outros.

Dende a escola queremos agradecer a cada unha das familias que fixo posible que este tempo de acollida fora un éxito, grazas pola vosa comprensión e dispoñibilidade en canto os horarios establecidos para tal fin.
!!!En breves vos contaremos que nome escolleron de grupo cada aula!!! 






mércores, 3 de abril de 2019

FAMILIAS....GRAZAS!!!

Todo o que argallamos no Cristo da Victoria, non podería facerse en parte, grazas a vós, as familias!

Grazas a vosa colaboración, aportando material ó aula o longo de todo o curso, axudounos por unha parte a aumentar os nosos recantos ESPACIAIS, pero tamén axudou a que os nenos e nenas contasen aos seus compañeiros e compañeiras o seu material, o que implicaba ter que esforzarse nas súas explicacións para que todos o entenderamos e como non, aportoulles confianza en sí mesmos.



Por se isto fóra pouco, tamén propiciou a que xurdiran actividades novas, como por exemplo coa chegada do conto "Saturnino".

Grazas a este conto, convertémonos en Saturnino e viaxamos con el por distintos planetas ata agora descoñecidos, e no que se poden realizar cousas moooi divertidas.

A primeira parada ...PINTAR!!!



Cada grupo creou o seu debuxo no planeta e ao rematar, tivemos que poñerlle nome ao noso novo planeta, polo que tras dar ideas e tras unha votación....

Así quedaron os nosos novos planetas!



Seguindo o camiño de Saturnino atopou unha marciana que o único que facía era cantar, polo que cada un de nós aportou a nosa clase a sua canción favorita, polo que cada día algún de nós tiña que presentar a súa canción, perdendo así a nosa vergoña e cantando un pouquiño para os nosos compis.
Menuda festa tivemos no aula!
Agora temos a nosa propia banda musical!


A derradeira parada foi no planeta onde non hai xoguetes, pois....pódese xogar sen xoguetes. Foi por iso que cando saímos da clase atopamos unhas caixas coas cales poder deixar voar a nosa imaxinaciñon! E non nos quedamos cortos: converteuse nun trineo, empaquetamos aos noso compis para mandalos por correos, viaxamos en nave espacial e ata tivemos unha aguia!




Pasámolo en grande!!!! seguro que coa vosa axuda no seguinte trimestre poderemos seguir facendo cousas increíbles!!!

Unha vez máis,....GRAZAS!!!!

mércores, 27 de marzo de 2019

Continuamos coñecendo a Alexander Calder!

Como sabedes os cabalos están inmersos no mundo artístico de Alexander calder e pouco a pouco imos coñecendo novas técnicas, mellorando na orientación espacial e como non superando novos retos.

Vos presentamos dous novas obras.

Por un lado, coa obra de "amanecer", ademais de analizar e recoñecer distintos elementos, traballamos a figura - fondo, e coñecimos as acuarelas.

 
A segunda obra a tratar foi un auténtico reto, pois tras falar do cadro e darlle nome as figuras que alí había enfrentámonos ó papel en branco grande e máis o material que precisabábamos.




Non sei vos, pero as veces éntrannos as dúbidas de cal é o orixinal. 

Somos uns auténticos artístas!!

luns, 25 de marzo de 2019

o espazo ...un proxecto para os sentidos e o arte!

ola familias! No cristo da victoria xa estamos a piques de rematar o segundo trimestre e con iso rematando a nosa viaxe incansable polo espazo! está sendo do máis divertido!!!

Con cada planeta poidemos aprender algunhas das súas peculiaridades así como solventado dúbidas que íannos xurdindo, e é que...somos unhas auténticas cabeciñas pensantes!

Aquí vos deixamos algunhas das actividades artísticas e sensoriais. Abride ben os ollos porque ides ver o espazo en....3, 2, 1,...COMEZAMOS!!!

Con Mercurio tarballamos a técnica do puntillismo así como pisamos habas como se dos seus cráteres se tratase.



Con Venus, a diosa do amor,  levamos a cabo a técnica da estampación de tubos en forma de corazón estando ben atentos de mandar as nosas "frechas do amor" dentro do planeta. Ademais, como xa vos contáramos, levamos a cabo unha actividade sensorial mesturando gomina con xabón. Estivo xenial  (para recordar esta actividade podedes premer aquí)

Na terra xogamos coa gravidade (podedes recodarlo premendo aquí) pero tamén xogamos a pintar coa técnica de arte en movemento grazas ao uso das canicas!


Despois detivémonos na Lúa, onde escenificamos coma auténticos astronautas camiñando por alí así como tamén xogamos cos sentidos, creando a nosa lúa con area, así como tamén xogamos co elemento sensorial creando unha pasta moi curiosa, onde tocandoa estaba dura pero ao collela convertíase en líquido! encantounos!

A continuación paramos en Marte, un planeta cheo de volcáns así que utilizamos a técnica de pintar con papel de burbullas!

A seguinte parada foi en Xúpiter, un planeta do máis gaseoso, polo que para simular os gases sopramos forte no auga.



Ademais agora sabemos que é o planeta máis grande, polo que en pequenos grupos sobre papel film elaboramos os nosos planetas Xupiter para decorar o noso corredor.

Por outra banda tamén coñecimos a saturno, o rei dos aneis! e para decoralo xogamos coa actividade sensorial da espuma de afeitar! Quedounos un saturno do máis simpático!

Tamén coñecimos ao planeta conxelado, Urano! por iso, chegounos unha bolsa misteriosa na que soamente coa axuda das nosas mans tivemos que adiviñar de que se trataba e....QUE FRIO, dentro había cubitos de xeo pero de moitas cores!!!

Por último, parámonos en Neptuno, o máis lonxano ao sol e que por iso, ademais de facer moitísimo frío tamén vai moito vento! así que nin cortos nin perezosos, para traballar máis as nosas boquiñas, levamos a técnica do soplo.

E como non, coñecimos o Sol, pero que agora sabemos que non é un planeta senon unha estrela, onde vai mooooito calor e quema moitísimo, por iso cando imos o patio temos que levar as nosas gorras e na praia temos que botarnos ben de crema para que non nos queme. Ademais, para representalo, levamos acabo a técnica da mestura, onde comprobamos que o tacto era moi gustoso e onde ademais sorprendémonos ao ver que se mesturamos amarelo e vermello sae o LARANXA COMO O SOL!


Por último ensinarvos o noso camiño polos planetas simulando que os estababamos pisando de verdade....mirade!!



Aínda imos coñecer algunha cousiña máis porque non nos aburrimos de aprender, así que....ata pronto familias! dentro de pouquiño vos contaremos máis cousas!

Un saúdo dos expertos!!

venres, 22 de marzo de 2019

Información de interese para as NOVAS FAMILIAS

Confirmamos que todas as solicitudes presentadas na Escola Cristo da Victoria para a admisión do alumnado do próximo curso 2019/2020 están aceptadas.
Podedes comprobar os datos na listaxe que temos no taboeiro de anuncios da escola.
Benvidas familias!!
Resultado de imagen de benvidos

luns, 18 de marzo de 2019

JOAN MIRÓ

     Como vos dixemos fai tempo, os nenos e nenas de 4 anos seguimos a traballar a Joan Miró, coñecendo cada día máis cousas sobre a súa vida e as súas creacións artísticas. 

      E como podedes ver nas seguintes imaxes esto de ser "Pequenos Mirós" non se nos da nada mal...

  • Mural de dúas obras de Miró: " Personaje y perro frente al sol" e "Fiesta snob para la princesa"





  • OBRA: "El amanecer del día"


  • OBRA: " El sol rojo"


  • OBRA:" El oro del azul"


  • OBRA: " Retrato"


  • OBRA: "El vuelo de la libélula delante del sol"









martes, 12 de marzo de 2019

Máis actividades co espazo!

Xogamos a un xogo de mesa do espazo!!! así utilizamos o dado, contamos os puntiños que nos saíron e os movementos que temos que facer, vemos onde caemos si nun planeta, nunha estrela,... Hai moitas posibilidades!




Somos astronautas e cazamos estrelas entre pedras luares! Qué divertido! (traballamos así a psicomotricidade fina,a coordinación e a pinza para aprender a coller ben as pinturas).



Utilizamos o dado para ver cantas estrellas temos que por en cada planeta e buscamos o número axeitado!



 Traballamos coa robótica! temos que chegar co noso robot "Ratoncito" ós distintos planetas (traballamos a planificación, a orientación espacial,...) e sobre todo o pasamos fenomenal!