benvidosempty

martes, 26 de outubro de 2021

 SAIDA AO PARQUE DA BOUZA

Como xa ven sendo tradición na escola, Magos e Pompas fixemos unha pequena saída ao parque da Bouza para buscar cousiñas do outono coas que despóis poder traballar na aula. Follas, landras, pequenos paus...atopamos un montón de cousas!

Deixámosvos aquí unha pequena mostra do ben que o pasamos!

















sábado, 23 de outubro de 2021

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

O pasado día 8 de Outubro tivemos a inauguración da biblioteca da Estrela Xela e que mellor maneira de celebralo que cun contacontos!

A nosa amiga Alba achegouse á escola a visitarnos e contarnos algúns dos seus contos favoritos: Chibos chibóns, Lobo feroz, A casa mosca chosca... Pasámolo en grande!


Moitas grazas, Alba. Agardamos verte pronto de novo!






















martes, 19 de outubro de 2021

Ola familias!

Xa estamos aquí para irvos amosando todas as novidades e andainas dos nosos cativos e cativas.

Comezamos polos máis pequenos da escola:

Os nenos e nenas de 3 anos xa fai máis de dúas semanas que rematamos o perdiodo de adaptación. Nestes primeiros días de escola coñecimos aos novos compañeiros/as e profes, descubrimos ás nosas mascotas "Don Ranito" e "Patatín", xogamos un montón nos recantos da clase e ata eleximos os nomes para as nosas aulas: PIRULETAS e LUPAS. 


                                               


Aquí deixámosvos unha pequena mostra das actividades que fixemos estes días. Esperamos que vos gusten!








domingo, 18 de abril de 2021

UNHA MOREA DE GARAVANZOS!

Nesta ocasión, a rapazada da escola desfrutou de transferencias en seco utilizando garavanzos. 

Presentei a proposta adaptada ós diferentes niveis do alumnado. As crianzas de 3 anos tiñan dúas cuncas e unha culler. Nesta ocasión presenteilles tamén o embude e foi un elemento de observación e experimentación.

As crianzas de 4 anos tiñan oveiras recicladas e unha culler de gran tamaño para repartir os garavanzos.

Por último, as crianzas de 5 anos tiñan pinzas e un bote reciclado. 


O primeiro paso sempre é explorar as posibilidades sensoriais de calquera material.


Despois de procurar utilizar os utensilios propostos, algunhas e algúns utilizaban as propias mans ou demandaban elementos novos doutros niveis. O obxectivo é explorar, descubrir e respectar os seus ritmos.


Están, mediante o xogo, traballando a coordinación, a concentración e a orde.




Unha das cousas que máis desfrutou a rapazada foi descubrir as múltiples posibilidades sonoras que existían ó utilizar os diferentes elementos.




Un dos nosos obxectivos neste obradoiro é aprender a barrer. 





xoves, 10 de decembro de 2020

XOGAR CON AUGA!


O alumnado tivo propostas de transferencias líquidas, nesta ocasión utilizaron auga.


A auga é un dos elementos naturais que máis lle gusta a cativada. Provimos dun medio acuático xa que pasamos os primeros 9 meses envoltas e evoltos nel. Por iso, recuperar e retomar este medio é tan importante como pracenteiro. 

Presentei actividades para os diferentes niveis e en moitas ocasións ofrecía novos materiais as crianzas se vía que decaía a súa atención e/ou interese.

O alumnado de 3 anos utilizou esponxas. 





A única consigna era manter limpa a bandexa cando a auga derramábase.



Ó alumnado de 4 anos introducínlle a xerra e o embude. Este último espertou gran asombro en todas e todos. Desfrutaron cas gañas de descubrir o que vían a través del, observando o fluír da auga, o son que facía a auga ó pasar por el...con todo o tempo a súa disposición.



O alumnado de 5 anos tivo varios elementos máis. Cabe destacar, que en todos os niveis, foron elas e eles os que me sorprenderon buscando e experimentando con novas posibilidades de utilidade dos materiais. Algunhas eran posibles de realizar e outras vían como se espallaba a auga e entendían que non era posible. Deixar que suceda o ERRO é indispensábel.