Este ano polo entroido non podía ser menos e o Covid estivo entre nós, o noso amigo o COVID TROLL foi dando unha serie de mandados que nós fomos seguindo.
Comezamos cos mandados o martes, e isto é o que nos pedía o noso meco:

Chegou febreiro e con el, o día de San Valentín. Na aula de inglés fixemos varias actividades relacionadas co amor.
Decoramos a clase pintando e recortando corazóns de alegres cores para facer un mural:
Aprendemos varias palabras en inglés relacionadas con este día a través de Flashcards:
Coñecemos un conto que nos trouxo a nosa mascota Cookie titulado "IN LOVE":
Esperamos que compartades o voso amor cos vosos seres queridos e que gocedes do día. Unha aperta familias!
Durante estas semanas estivemos a traballar XUNTOS pola paz.
Estas son as propostas que levamos a cabo en cada unha das aulas:
Para rematar a semana, celebramos o día da paz colocando no patio os bonecos que fixemos en todas as aulas e as nubes coas mensaxes das familias.
Ademais ordeamos o noso abecedario da paz e desfrutamos do recuncho dos libros pola paz.