benvidosempty
Amosando publicacións coa etiqueta Mulleres con Pegada. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mulleres con Pegada. Amosar todas as publicacións

mércores, 3 de abril de 2019

FAMILIAS....GRAZAS!!!

Todo o que argallamos no Cristo da Victoria, non podería facerse en parte, grazas a vós, as familias!

Grazas a vosa colaboración, aportando material ó aula o longo de todo o curso, axudounos por unha parte a aumentar os nosos recantos ESPACIAIS, pero tamén axudou a que os nenos e nenas contasen aos seus compañeiros e compañeiras o seu material, o que implicaba ter que esforzarse nas súas explicacións para que todos o entenderamos e como non, aportoulles confianza en sí mesmos.



Por se isto fóra pouco, tamén propiciou a que xurdiran actividades novas, como por exemplo coa chegada do conto "Saturnino".

Grazas a este conto, convertémonos en Saturnino e viaxamos con el por distintos planetas ata agora descoñecidos, e no que se poden realizar cousas moooi divertidas.

A primeira parada ...PINTAR!!!



Cada grupo creou o seu debuxo no planeta e ao rematar, tivemos que poñerlle nome ao noso novo planeta, polo que tras dar ideas e tras unha votación....

Así quedaron os nosos novos planetas!



Seguindo o camiño de Saturnino atopou unha marciana que o único que facía era cantar, polo que cada un de nós aportou a nosa clase a sua canción favorita, polo que cada día algún de nós tiña que presentar a súa canción, perdendo así a nosa vergoña e cantando un pouquiño para os nosos compis.
Menuda festa tivemos no aula!
Agora temos a nosa propia banda musical!


A derradeira parada foi no planeta onde non hai xoguetes, pois....pódese xogar sen xoguetes. Foi por iso que cando saímos da clase atopamos unhas caixas coas cales poder deixar voar a nosa imaxinaciñon! E non nos quedamos cortos: converteuse nun trineo, empaquetamos aos noso compis para mandalos por correos, viaxamos en nave espacial e ata tivemos unha aguia!




Pasámolo en grande!!!! seguro que coa vosa axuda no seguinte trimestre poderemos seguir facendo cousas increíbles!!!

Unha vez máis,....GRAZAS!!!!

mércores, 27 de marzo de 2019

Continuamos coñecendo a Alexander Calder!

Como sabedes os cabalos están inmersos no mundo artístico de Alexander calder e pouco a pouco imos coñecendo novas técnicas, mellorando na orientación espacial e como non superando novos retos.

Vos presentamos dous novas obras.

Por un lado, coa obra de "amanecer", ademais de analizar e recoñecer distintos elementos, traballamos a figura - fondo, e coñecimos as acuarelas.

 
A segunda obra a tratar foi un auténtico reto, pois tras falar do cadro e darlle nome as figuras que alí había enfrentámonos ó papel en branco grande e máis o material que precisabábamos.




Non sei vos, pero as veces éntrannos as dúbidas de cal é o orixinal. 

Somos uns auténticos artístas!!

luns, 25 de marzo de 2019

o espazo ...un proxecto para os sentidos e o arte!

ola familias! No cristo da victoria xa estamos a piques de rematar o segundo trimestre e con iso rematando a nosa viaxe incansable polo espazo! está sendo do máis divertido!!!

Con cada planeta poidemos aprender algunhas das súas peculiaridades así como solventado dúbidas que íannos xurdindo, e é que...somos unhas auténticas cabeciñas pensantes!

Aquí vos deixamos algunhas das actividades artísticas e sensoriais. Abride ben os ollos porque ides ver o espazo en....3, 2, 1,...COMEZAMOS!!!

Con Mercurio tarballamos a técnica do puntillismo así como pisamos habas como se dos seus cráteres se tratase.



Con Venus, a diosa do amor,  levamos a cabo a técnica da estampación de tubos en forma de corazón estando ben atentos de mandar as nosas "frechas do amor" dentro do planeta. Ademais, como xa vos contáramos, levamos a cabo unha actividade sensorial mesturando gomina con xabón. Estivo xenial  (para recordar esta actividade podedes premer aquí)

Na terra xogamos coa gravidade (podedes recodarlo premendo aquí) pero tamén xogamos a pintar coa técnica de arte en movemento grazas ao uso das canicas!


Despois detivémonos na Lúa, onde escenificamos coma auténticos astronautas camiñando por alí así como tamén xogamos cos sentidos, creando a nosa lúa con area, así como tamén xogamos co elemento sensorial creando unha pasta moi curiosa, onde tocandoa estaba dura pero ao collela convertíase en líquido! encantounos!

A continuación paramos en Marte, un planeta cheo de volcáns así que utilizamos a técnica de pintar con papel de burbullas!

A seguinte parada foi en Xúpiter, un planeta do máis gaseoso, polo que para simular os gases sopramos forte no auga.



Ademais agora sabemos que é o planeta máis grande, polo que en pequenos grupos sobre papel film elaboramos os nosos planetas Xupiter para decorar o noso corredor.

Por outra banda tamén coñecimos a saturno, o rei dos aneis! e para decoralo xogamos coa actividade sensorial da espuma de afeitar! Quedounos un saturno do máis simpático!

Tamén coñecimos ao planeta conxelado, Urano! por iso, chegounos unha bolsa misteriosa na que soamente coa axuda das nosas mans tivemos que adiviñar de que se trataba e....QUE FRIO, dentro había cubitos de xeo pero de moitas cores!!!

Por último, parámonos en Neptuno, o máis lonxano ao sol e que por iso, ademais de facer moitísimo frío tamén vai moito vento! así que nin cortos nin perezosos, para traballar máis as nosas boquiñas, levamos a técnica do soplo.

E como non, coñecimos o Sol, pero que agora sabemos que non é un planeta senon unha estrela, onde vai mooooito calor e quema moitísimo, por iso cando imos o patio temos que levar as nosas gorras e na praia temos que botarnos ben de crema para que non nos queme. Ademais, para representalo, levamos acabo a técnica da mestura, onde comprobamos que o tacto era moi gustoso e onde ademais sorprendémonos ao ver que se mesturamos amarelo e vermello sae o LARANXA COMO O SOL!


Por último ensinarvos o noso camiño polos planetas simulando que os estababamos pisando de verdade....mirade!!



Aínda imos coñecer algunha cousiña máis porque non nos aburrimos de aprender, así que....ata pronto familias! dentro de pouquiño vos contaremos máis cousas!

Un saúdo dos expertos!!

venres, 22 de febreiro de 2019

Por que non flotamos na terra?

Como sabedes, no Cristo da Victoria en todo momento queremos solventar as dúbidas que lles vaian xurdindo aos nosos pequenos e pequenas, de aí que o traballo por proxectos sexa unha maneira moi boa para acadalo.

Continuando co proxecto do espazo da man de Valentina, xurdiu a pregunta...¿por que no espazo Valentina si que flota pero na Terra non?

Por tal motivo, vimos un pequeno vídeo onde falábanos da gravidade. Para poder entender mellor esa palabra tan rara para nós botamos man dos imáns.



Grazas a esta actividade comprobamos esa forza da gravidade ao mesmo tempo que tamén traballamos a orientación espacial seguindo camiños coa complicación que tiña  ter que mover o imán de arriba movendo os de debaixo do folio sen mirar a nosa man!

Por último xogamos cunhas pelotiñas de poliespan para que flotaran, para o cal utilizamos unhas palliñas e controlamos o noso soplido para que a pelota se mantivera en pé.

venres, 15 de febreiro de 2019

Venus....planeta e diosa do amor

No Cristo da Victoria continuamos inmersos no universo e onte, como sabedes, foi o día dos namorados pero tamén da nosa amizade.

Aproveitando que estamos coñecendo ó planeta Venus, o cal leva nome da diosa do amor, elaboramos as nosas bolsas sensoriais do amor, xogando de novo coas texturas.

Para levalo a cabo primeiro cada quen decorou a súa tarxeta de Venus e en segundo lugar exploramos coa gomina ( que pegañentoo!!)  e despois co xabón de manos...que de espuma!!!

Despois cada quen foi botando na súa bolsiña a gomina, o xabón e por suposto...brillantina!! para que o noso amor brille tanto como o planeta Venus

e así quedou...



E para rematar o día...que mellor que expresar o noso amor aos nosos compañeiros e compañeiras....



xoves, 14 de febreiro de 2019

3, 2, 1....despegue!!!!

Agora sí que si, os ananos de 3 anos do Cristo da Victoria teñen todo preparado para poder explorar pouco a pouco todo o que acontece na nosa Vía Láctea.

Para comezar tivemos un viaxe do máis virtual!

Tras estos momentos tan divertidos, comezamos a explorar cada un dos elementos que conforman o espazo utilizando para iso material aportado polas familias (GRAZAS!!) e marcandoo no noso pasaporte espacial.

Coñecimos as galaxias e como non, a nosa,  a Vía Láctea. Ademáis comprobamos que teñen forma de espiral, como decimos algúns de nós, forma de caracol, polo que demos paso a traballar dito trazo, entre elas...
repasando con gomets

camiñando polas galaxias cos nosos cascos de astronautas

Tamén coñecimos as nebulosas, un polvo cheo de moooita cor! para representalo, levamos a cabo dúas técnicas.
con algodón, auga de cores e purpurina

disparando con pulverizadores

así vai quedando o noso recanto

E mentres tanto comezamos xa a traballar no traballo cooperativo a pequena escala, e de momento dásenos moi ben!


luns, 11 de febreiro de 2019

OS ANANOS DE 3 TAMÉN VIAXAN Ó ESPAZO!

Como sabedes, no cole do Cristo da Victoria temos como proxecto de centro "as mulleres con pegada" e os máis peques do cole non ían ser menos!!

Chegounos un video no cal falábanos unha astronauta, Valentina Tereshkova. Propúxonos facer unha viaxe con ela polo espazo e...que pensades que pasou?? que tanto cabalos coma tiburóns apuntáronse rápidamente a esta experiencia tan increíble!

Tras ver vídeos de Valentina e de cómo vestiuse e subiu ao espazo e como movíase dentro da nave comenzamos a traballar


fixemos a corpo de valentina para o noso mural

realizamos as nosos cascos para poder respirar no espazo

.




















E grazas ao noso traballo incansable, Valentina deunos a tarxeta de embarque para poder viaxer con ela.
Tras isto comprobamos que viaxaban en cohetes, polo que ademais de experimentar coas texoiras, tamén reforzamos o traballo sobre o noso nome.



E por suposto confecionamos os nosos no recanto de construccións de cohetes.


Por último decoramos o noso recanto do xogo simbólico, onde agora, xogar coas lanternas está sendo un auténtico goce!



e ben preparados para poder subir ao espazo!!