Aproveitando que estamos coñecendo ó planeta Venus, o cal leva nome da diosa do amor, elaboramos as nosas bolsas sensoriais do amor, xogando de novo coas texturas.
Para levalo a cabo primeiro cada quen decorou a súa tarxeta de Venus e en segundo lugar exploramos coa gomina ( que pegañentoo!!) e despois co xabón de manos...que de espuma!!!
Despois cada quen foi botando na súa bolsiña a gomina, o xabón e por suposto...brillantina!! para que o noso amor brille tanto como o planeta Venus
e así quedou...
E para rematar o día...que mellor que expresar o noso amor aos nosos compañeiros e compañeiras....





Ningún comentario:
Publicar un comentario