benvidosempty
Amosando publicacións coa etiqueta actividades sensoriais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta actividades sensoriais. Amosar todas as publicacións

venres, 23 de outubro de 2020

...OUTONO ...

 

Ola!!!

 Os maiores do cole ainda no demos sinais por aquí...parece que non estamos pero …SIII!

Estamos recuperando  o tempo perdido e é que tiñamos moitas ganas de volver as nosas andainas, a mergullarnos en distintas actividades, mancharnos, gozar con todo o que atopamos polo noso camiño, ... pois como sabedes...cada día é unha auténtica aventura 100%!!!

Pasámonos por aquí para contarvos que, entre otras moitas cousas, como non podía faltar, detivémonos no outono e nesta ocasión fixemos o seguinte: 

1º a través do noso traballo cooperativo analizamos obxectos, escribimos OUTONO, analizamos a palabra e gozamos sensorialmente a través do arroz, da auga facendo traspases así  como tamén tivemos que debullar o millo para despois cos grans facer composicións, números, letras etc.






2º. Centramos a nosa atención para crear bodegóns e  melloramos no grafismo




3º Tamén fixemos unha excursión polo noso patio de herba para recoller as follas de outono e así despois dar liberdade a nosa creatividade e crear diferentes elementos.



Para ir rematando tamén levamos a cabo unha actividade onde recordamos a técnica do puntillismo e fixemos actividades de lecto.




luns, 25 de marzo de 2019

o espazo ...un proxecto para os sentidos e o arte!

ola familias! No cristo da victoria xa estamos a piques de rematar o segundo trimestre e con iso rematando a nosa viaxe incansable polo espazo! está sendo do máis divertido!!!

Con cada planeta poidemos aprender algunhas das súas peculiaridades así como solventado dúbidas que íannos xurdindo, e é que...somos unhas auténticas cabeciñas pensantes!

Aquí vos deixamos algunhas das actividades artísticas e sensoriais. Abride ben os ollos porque ides ver o espazo en....3, 2, 1,...COMEZAMOS!!!

Con Mercurio tarballamos a técnica do puntillismo así como pisamos habas como se dos seus cráteres se tratase.



Con Venus, a diosa do amor,  levamos a cabo a técnica da estampación de tubos en forma de corazón estando ben atentos de mandar as nosas "frechas do amor" dentro do planeta. Ademais, como xa vos contáramos, levamos a cabo unha actividade sensorial mesturando gomina con xabón. Estivo xenial  (para recordar esta actividade podedes premer aquí)

Na terra xogamos coa gravidade (podedes recodarlo premendo aquí) pero tamén xogamos a pintar coa técnica de arte en movemento grazas ao uso das canicas!


Despois detivémonos na Lúa, onde escenificamos coma auténticos astronautas camiñando por alí así como tamén xogamos cos sentidos, creando a nosa lúa con area, así como tamén xogamos co elemento sensorial creando unha pasta moi curiosa, onde tocandoa estaba dura pero ao collela convertíase en líquido! encantounos!

A continuación paramos en Marte, un planeta cheo de volcáns así que utilizamos a técnica de pintar con papel de burbullas!

A seguinte parada foi en Xúpiter, un planeta do máis gaseoso, polo que para simular os gases sopramos forte no auga.



Ademais agora sabemos que é o planeta máis grande, polo que en pequenos grupos sobre papel film elaboramos os nosos planetas Xupiter para decorar o noso corredor.

Por outra banda tamén coñecimos a saturno, o rei dos aneis! e para decoralo xogamos coa actividade sensorial da espuma de afeitar! Quedounos un saturno do máis simpático!

Tamén coñecimos ao planeta conxelado, Urano! por iso, chegounos unha bolsa misteriosa na que soamente coa axuda das nosas mans tivemos que adiviñar de que se trataba e....QUE FRIO, dentro había cubitos de xeo pero de moitas cores!!!

Por último, parámonos en Neptuno, o máis lonxano ao sol e que por iso, ademais de facer moitísimo frío tamén vai moito vento! así que nin cortos nin perezosos, para traballar máis as nosas boquiñas, levamos a técnica do soplo.

E como non, coñecimos o Sol, pero que agora sabemos que non é un planeta senon unha estrela, onde vai mooooito calor e quema moitísimo, por iso cando imos o patio temos que levar as nosas gorras e na praia temos que botarnos ben de crema para que non nos queme. Ademais, para representalo, levamos acabo a técnica da mestura, onde comprobamos que o tacto era moi gustoso e onde ademais sorprendémonos ao ver que se mesturamos amarelo e vermello sae o LARANXA COMO O SOL!


Por último ensinarvos o noso camiño polos planetas simulando que os estababamos pisando de verdade....mirade!!



Aínda imos coñecer algunha cousiña máis porque non nos aburrimos de aprender, así que....ata pronto familias! dentro de pouquiño vos contaremos máis cousas!

Un saúdo dos expertos!!

luns, 18 de febreiro de 2019

O aprendizaxe comeza nos sentidos!

O verdadeiro aprendizaxe é aquel que se vivencia, na escola Cristo da Victoria facemos numerosas actividades sensoriais coas que os nenos fan grandes aprendizaxes!
Neste caso ó chegar á clase nos atopamos cuns espaguetis de cores e cunha especie de espuma!! A motivación ponse a tope! Qué divertido, non pensamos máis que en xogar con eles!


Nun primeiro momento, tocamos, experimentamos a súa textura e consistencia, son blanditos e se escurren, vemos os distintos cores,... disfrutamos!

A espuma ten un atractivo especial!

 Comezamos a facer xogo simbólico: xogamos a servir comida ós demáis, a cociñar,...


 Comezamos a traballar a psicomotricidade fina a través do uso de tisoiras, hai algo máis motivador que cortar espaguetis??
Nos damos conta que temos tantos cores como platos, así que probamos a clasificar: os verdes no prato verde, os laranxas no prato laranxa.... cánto estamos aprendendo!!


Como podedes ver unha simple actividade convértese nun ambiente cargago de aprendizaxes! Pero para eles soamente "xogaron con espaguetis" 
Así da gusto vir á escola!!!