Ola!!!
Os maiores do cole ainda no demos sinais por aquí...parece que non
estamos pero …SIII!
Estamos recuperando o tempo perdido
e é que tiñamos moitas ganas de volver as nosas andainas, a mergullarnos en
distintas actividades, mancharnos, gozar con todo o que atopamos polo noso camiño, ... pois como sabedes...cada día é unha auténtica aventura 100%!!!
Pasámonos por
aquí para contarvos que, entre otras moitas cousas, como non podía faltar,
detivémonos no outono e nesta ocasión fixemos o seguinte:
1º a través do
noso traballo cooperativo analizamos obxectos, escribimos OUTONO, analizamos a
palabra e gozamos sensorialmente a través do arroz, da auga facendo
traspases así como tamén tivemos que
debullar o millo para despois cos grans facer composicións, números, letras
etc.
2º. Centramos a nosa atención para crear bodegóns e melloramos no grafismo
3º Tamén fixemos
unha excursión polo noso patio de herba para recoller as follas de outono e así despois dar liberdade a nosa creatividade e crear diferentes elementos.
Para ir rematando tamén levamos a cabo unha actividade onde recordamos a técnica do puntillismo e fixemos actividades de lecto.









Ningún comentario:
Publicar un comentario