Queridas familias
Os nenos e nenas de 3 anos xa fai máis dunha semana que rematamos o período de adaptación á escola...e aínda que houbo algún que outro choro..fomos uns auténticos campións e xa estamos case totalmente adaptados a dinámica da escola e da nosa aula...
Como sabedes é tradición que cada aula teña un nome que a identifique dentro da escola..e nos, non ibamos a ser menos...e os nomes elixidos foron os de AULA DAS POMPAS e AULA DOS MAG@S
👏👏👏
Agora xa comenzamos a traballar polos distintos rincóns, e aquí podedes ver algunhas das actividades que estamos a levar a cabo estes días..
Esperamos que vos gusten, e mandámosvos un abrazo cheo das cores das pompas e cheo de maxia.








Ningún comentario:
Publicar un comentario