O alumnado da EEI Cristo da Victoria está comezando a saber que significa iso de "Vida práctica".
As actividades que faremos conlevan unha mesma finalidade que é ser capaces de facer as cousas por sí mesmas e mesmos. Para iso, as persoas adultas debemos observar moito, preparar o ambiente para que poidan iniciar esa conquista. É indispensábel ser paciente, relativizar, dar confianza e seguridade para que a cativada e nós mesmas vexamos o erro como unha oportunidade de aprendizaxe.
Utilizan as bandexas para a actividade proposta. A persoa adulta presenta a actividade previamente e fará todos os pasos. Logo, elas ou eles fan a actividade así ou como lle parece; talvez estean a descubrir outras cousas. Sempre que non estean a maltratar o material é interesante non corrixir.
Empezamos con algo moi sinxelo para exercitar a psicomotricidade fina e o traballo da man. Fixeron transferencias con pinzas e tapóns. A miña intención foi graduar as actividades ás habilidades e necesidades de cada crianza.
Practican unha habilidade mediante a repetición.








Ningún comentario:
Publicar un comentario