benvidosempty

mércores, 3 de abril de 2019

FAMILIAS....GRAZAS!!!

Todo o que argallamos no Cristo da Victoria, non podería facerse en parte, grazas a vós, as familias!

Grazas a vosa colaboración, aportando material ó aula o longo de todo o curso, axudounos por unha parte a aumentar os nosos recantos ESPACIAIS, pero tamén axudou a que os nenos e nenas contasen aos seus compañeiros e compañeiras o seu material, o que implicaba ter que esforzarse nas súas explicacións para que todos o entenderamos e como non, aportoulles confianza en sí mesmos.



Por se isto fóra pouco, tamén propiciou a que xurdiran actividades novas, como por exemplo coa chegada do conto "Saturnino".

Grazas a este conto, convertémonos en Saturnino e viaxamos con el por distintos planetas ata agora descoñecidos, e no que se poden realizar cousas moooi divertidas.

A primeira parada ...PINTAR!!!



Cada grupo creou o seu debuxo no planeta e ao rematar, tivemos que poñerlle nome ao noso novo planeta, polo que tras dar ideas e tras unha votación....

Así quedaron os nosos novos planetas!



Seguindo o camiño de Saturnino atopou unha marciana que o único que facía era cantar, polo que cada un de nós aportou a nosa clase a sua canción favorita, polo que cada día algún de nós tiña que presentar a súa canción, perdendo así a nosa vergoña e cantando un pouquiño para os nosos compis.
Menuda festa tivemos no aula!
Agora temos a nosa propia banda musical!


A derradeira parada foi no planeta onde non hai xoguetes, pois....pódese xogar sen xoguetes. Foi por iso que cando saímos da clase atopamos unhas caixas coas cales poder deixar voar a nosa imaxinaciñon! E non nos quedamos cortos: converteuse nun trineo, empaquetamos aos noso compis para mandalos por correos, viaxamos en nave espacial e ata tivemos unha aguia!




Pasámolo en grande!!!! seguro que coa vosa axuda no seguinte trimestre poderemos seguir facendo cousas increíbles!!!

Unha vez máis,....GRAZAS!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario