Na escola Cristo da Victoria estamos de noraboa, o periodo de adaptación chegou o seu fin para os nosos 35 cativ@s que empezaron aló polo 11 de setembro a súa travesía na nosa compaña.
Foron días para coñecernos, para crear vínculos, explorar os espazos da escola, visitar a Nubes, Estrelas, Cabalos e Tiburóns, e descubrir as propostas pensadas con tanto agarimo para eles.
Estes días foron intensos, non faltaron os choros e as apertas para acollelos, para darlle a seguridade que necesitan para explorar e gozar do xogo. A mesa de luz e a mesa de experimentación convertíronse nas nosas aliadas dentro das aulas para disfrutar en compañia dos outros.
Dende a escola queremos agradecer a cada unha das familias que fixo posible que este tempo de acollida fora un éxito, grazas pola vosa comprensión e dispoñibilidade en canto os horarios establecidos para tal fin.
!!!En breves vos contaremos que nome escolleron de grupo cada aula!!!



Ningún comentario:
Publicar un comentario