Continuando co proxecto do espazo da man de Valentina, xurdiu a pregunta...¿por que no espazo Valentina si que flota pero na Terra non?
Por tal motivo, vimos un pequeno vídeo onde falábanos da gravidade. Para poder entender mellor esa palabra tan rara para nós botamos man dos imáns.
Grazas a esta actividade comprobamos esa forza da gravidade ao mesmo tempo que tamén traballamos a orientación espacial seguindo camiños coa complicación que tiña ter que mover o imán de arriba movendo os de debaixo do folio sen mirar a nosa man!
Por último xogamos cunhas pelotiñas de poliespan para que flotaran, para o cal utilizamos unhas palliñas e controlamos o noso soplido para que a pelota se mantivera en pé.

Ningún comentario:
Publicar un comentario