benvidosempty

xoves, 20 de xaneiro de 2022

NADAL

Dende o centro gustaríanos comezar o ano agradecendo ás familias a súa implicación na elaboración dos adornos do nadal. O único que lles pediamos era que os elaborasen a partir de rolos de papel reciclados e isto é unha mostra da súa arte.




É por iso que non podiamos deixar de enviarlles unha felicitación que nós mesmos elaboramos e enviamos por correo.



Para rematar o trimestre cada unha das nosas aulas preparou unha actuación que interpretou ante a atenta mirada do noso amigo o Apalpador, quen ademais de quedar perplexo coas nosas habilidades artísticas levou cada unha das nosas cartas onde lle pediamos algunhas cousiñas que necesitabamos nas nosas aulas.





Unha vez acabamos as actuacións, chegou o momento de merendar e gozar do último día de cole.





Despois das vacacións do nadal, a volta ao cole foi moi emocionante porque ...as nosas aulas estaban cheas de agasallos! Todo o que lle pedíramos ao Apalpador! 




O ano non puido empezar de mellor maneira!

Feliz 2022 familias!






venres, 14 de xaneiro de 2022

ARTE CON CHOCOLATE

Como xa é tradición, tódalas aulas no mes de decembro gozamos da saída “Arte con chocolate”.

En diferentes días tivemos a sorte de visitar a exposición de Din Matamoros “La mirada encendida”, no museo do MARCO. Alí puidemos observar unha selección da súa obra dos últimos anos, centrada no estudo da cor, acompañada doutras pezas de épocas anteriores. 

Contemplando os seus cadros con curiosidade, dedicándolles tempo, sentimos como asomaban formas e cores, escondidos tras a última capa.





Cando rematamos no museo, dimos un paseo pola cidade e puidemos observar o bonita que estaba con tódolos adornos do nadal. 





Este paseo deunos moita fame polo que non puidemos acabar de mellor maneira a nosa saída que enchendo as nosas barrigas cun delicioso chocolate con churros. 





Que bos estaban!

luns, 1 de novembro de 2021

 SAMAÍN

Un ano máis chegou o Samaín á escola!

Durante os días previos aproveitamos para facer unha morea de actividades relacionadas cos nosos medos.

Comezamos con actividades plásticas para decorar as nosas aulas e corredores. Pantasmas, esqueletes, bruxas ou morcegos convertéronse nos nosos compañeiros de escola estes días. 

Tamén recompilamos aquelas cousas ou pensamentos que máis medo nos dan para poder superalos.

Finalmente chegou o gran día e a escola converteuse nun verdadeiro "Pasaxe do medo". Saboreamos as nosas merendas terroríficas, desfrutamos dos contos de medo e atravesamos a pasaxe do terror na que deixamos os nosos temores atrás.


Pasámolo xenial!!