benvidosempty

domingo, 28 de outubro de 2018

O SAMAÍN ESTÁ A PIQUES DE CHEGAR!

Xa non queda nada para festexar o día do Samaín! unha das festas máis terroríficas pero marabillosas do EEI Cristo Da Victoria, polo que estamos traballando sobre os medos e como non decorando o noso cole.

Os Tiburóns e os Cabalos levamos a cabo unha cabaza xigante para colocar no noso corredor pero ... cun toque "Yayoi Kusama". 

Para iso, ao mesmo tempo que traballamos nos conceptos grande - pequeno, tamén poidemos desenvolver a nosa psicomotricidade fina grazas ao uso de pipetas nos círculos pequenos e tamén discriminar texturas na elaboración dos círculos grandes.





Así de bonita quedou a nosa "CABAZA KUSAMA"

Ningún comentario:

Publicar un comentario