Grazas as súas obras tan coloridas e chamativas para os mais cativos comezamos por estas dúas obras.
A primeira obra foi esta:
En primeiro lugar tivemos que seguir o camiño para crear a enorme espiral, para nós, a galaxia!!
E en segundo lugar tivemos que observar ben as raias de fóra..¿Son todas da mesma cor?, ¿Cantas azuis hai?
E así quedou o noso expositor de obras de arte
A segunda obra na que estivemos traballando foi: "Sol, luna y estrella"
Antes de comezar a traballar sobre ela, observámola, comentámola e ata atrevémonos a adiviñar o título e a verdade...e que estivemos ben cerquiña de acertalo. Tras coñecer o verdadeiro título, comentamos se se correspodía ao que estababamos vendo...moitos dicíamos que sí que viamos o sol e a lúa, pero...¿onde estaba a estrela? despois de tanto pensar, un compi díxonos ben claro...A ESTRELA É O SOL!! todos contentos coa solución da enigma puxémonos, esta vez, a compoñer as pezas do cadro, traballando así a orientación espacial.
![]() |
E este foi o resultado. A verdade, e que non teñen nada que envexar ao cadros reais.
Que obra será a seguinte por coñecer???












Ningún comentario:
Publicar un comentario