benvidosempty

domingo, 29 de marzo de 2020

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA. CORONAVIRUS COVID-19


A Consellería de educación vén de publicar a Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as axudas de carácter directo para as familias usuarias do servizo de comedor, durante a suspensión do mesmo como consecuencia do COVID-19  

1.  A QUE PERSOAS VAI DIRIXIDO?

Os usuarios de comedor que figuran como GRATUÍTOS ou ben PAGAN  1€ por comida


2.  EN QUE CONSISTE A AXUDA?


Axúdase economicamente a manutención do alumno ou alumna usuario de comedor. Aboarase por cada día:

(2,50 €) para alumnado con gratuidade total
(1,50 €) para o alumnado que paga 1€  

3.  QUE DÍAS CUBRE ESTA AXUDA?

     Marzo: dende o día 16 ata o 31 de marzo: en total só 11 días lectivos.
     Abril: dende o 1 ó 3 de abril: en total só 3 días.
    Prórroga: si se prolonga outros 15 días cubriría (días lectivos) ata o 1 de maio (non incluído por ser festivo)

4.  COMO SE VAI A PAGAR?

En dous pagamentos.

1  pagamento: polo período de marzo e o de abril ata semana santa (3 abril).

2  pagamento: si se prorroga unha terceira situación de alarma ata o 1 de maio.

5.  COMO PRESENTAR A SOLICITUDE E  QUE  PRAZO  HAI?

Prazo: dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive.

Presentación: de dúas formas:

1.   Formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Para elo é necesario ter certificado dixital, ou a chave 365. O código de procedemento aparece na Orde do 27 de marzo de 2020 cando se publique no BOE ( suponse o luns 30 de marzo)

2. Dirección do centro: enviando un correo electrónico a eei.cristo.victoria@edu.xunta.es cos seguintes datos:

Ø Nome do pai/nai:
Ø DNI do pai ou nai:
Ø Nome do alumno/a:
Ø Pagamento: gratuidade total ou abono de 1€
Ø Número de conta bancaria:

6.  PUBLICÁRASE A RESOLUCIÓN DAS FAMILIAS BENEFICIADAS?
NON, porque son datos de especial vulnerabilidade, entón non será exposto publicamente as familias beneficiadas de acordo artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de  xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Aclaración: cada familia saberá si é beneficiaria por ingreso de conta bancaria.

7. CANTO TEMPO TARDA EN RESOLVERSE A RESOLUCIÓN?
10 días, desde que finalice o prazo de presentación de solicitudes.


8. CANTO TEMPO TARDA A XUNTA DE GALICIA EN ABOAR O PAGAMENTO?
5 días dende que salga a resolución.


                                    Un cordial saúdo.
                                      A dirección 
                           EEI CRISTO DA VICTORIA

Ningún comentario:

Publicar un comentario