Ola familias!!
O cuarto día da semana das Letras Galegas ímolo celebrar a través da arte.
Para iso podemos facer unha VISITA VIRTUAL SONORO EMPEÑO, que axudará ao alumnado a lembrar a nosa saída de Arte con Chocolate, na que coñecimos de preto a arte fusionada co mundo sonoro.
Se premedes AQUI poderedes viaxar ata a fundación, e camiñar polos seus corredores.
Tras isto virtual propoñémosvos que vos deteñades nesta muller, MENCHU LAMAS!. Ela é unha pintora viguesa moi coñecida, quen ten as súas obras por exemplo no Museo patio Herreriano de Valladolid ou no reina Sofía de Madrid, e por suposto agora a colección na Afundación.
Se premedes na súa imaxe poderedes ver as súas 3 obras na Afundación.
Agora podedes facer réplicas dos cadros, a través de técnicas como: estampacións con corchos, esponxas...facendo trazos verticais e horizontais, con recortes de revistas e xornais, uso do pincel e os dedos....e toco canto se vos ocorra.
Viaxar!! viaxar coa vosa imaxinación inesgotable!!!
A continuación deixámosvos algunha outra obra de Menchu moi sinxeliñas coas que poder adentrarnos máis nas formas xeométricas, trazos e a cor.
Feliz cuarto día das Letras Galegas!!!!!!





Ningún comentario:
Publicar un comentario