Información importante para as familias que están valorando a nosa escola para matricular os seus cativ@s.
Restablecerase o prazo para a presentación das
solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos
públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito
que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do
mesmo mes. Ambas datas incluídas.
Horario de apertura da escola para tal fin: de 9:30 a 13:30
Documentación necesaria:
ü Solicitude
cuberta e firmada polos dous proxenitores.
ü Fotocopia do DNI
do cativ@ ou do libro de familia que acredite a idade do alumn@. Dita fotocopia
a podemos facer na escola.
Novos prazos do procedemento.
● Publicación das listaxes
provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
● Publicación das listaxes
definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
● Formalización da matrícula en
educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
Para posibles aclaracións tedes a vosa disposición o correo electrónico da escola eei.cristo.victoria@edu.xunta.gal e os números de teléfono 886120209 e o 886120205.
ESCOLA CRISTO DA VICTORIA
Ningún comentario:
Publicar un comentario