benvidosempty

luns, 11 de maio de 2020

SEMANA DAS LETRAS...ARRINCAMOS!


Ola familias!!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega aínda non se perdeu no calendario e lembra perfectamente que esta semana no cole estariamos a celebrar ao grande a semana das letras galegas.

 Por tal motivo, e  vendo na situación na que nos atopamos, o imos conmemorar cada un de nós dende a súa casa pero sempre cun gran sorriso e preparados para recibir cada día unha sorpresa nova.

Para comezar temos unha grata e grande sorpresa: nada máis e nada menos que o poeta  Antonio García Teijeiro, Vigués distinguido e Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil.
Un grande escritor e grande persoa que nos saúda a través da súa obra dun xeito moi especial.

Moitas grazas Antonio!!Escoitarte sempre é un pracer.






UN BICO MOI GRANDE FAMILIAS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario