benvidosempty

venres, 22 de maio de 2020

XOGANDO COA LÚA

Benqueridas familias!
Hoxe propoñémosvos un obradoiro de teatro de psicomotricidade a partir do conto traballado durante a semana "A que sabe a lúa?".



 Para facer a mariola podemos empregar témperas e así crear os animais. Logo, os numeramos e collemos un dado. Chegamos ata eles saltando, a pata coxa, de crequenas... 
É importante deixar a suficiente separación entre os animais.
A ruleta a podemos crear con cartón ou cartolina. Establecemos quendas para imitar os diferentes animais.

COMO FACER UNHA LÚA DE CARTÓN?
Para facer a area lunar e volver a escoitar o conto, remitimosvos a entrada do luns
UN BICO FAMILIAS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario