benvidosempty

luns, 22 de outubro de 2018

LAND ART

Aproveitamos a tradicional saída ao parque da Bouza, para recoller unha morea de tesouros naturais, recursos moi preciados na escola Cristo da Victoria e pasar unha mañá agradable nun entorno privelexiado do entorno da escola.



Tesouros que clasificamos cando chegamos á escola, para ter os materiais ordeados dentro das aulas e poder manipulalos libremente para dar renda solta a sua creatividade.

Os grupos de 4 anos fixemos os nosos cadros de Land Art con todas as cosas do outono que encontramos.. e a verdade e que nos quedaron moi bonitos.. Son uns artistas estas nubes e estrelas!!!


As Xoaniñas decoramos piñas para engalanar o teito do corredor da aula!! Quedaron moi vistosas!!

Tamén elaboramos orixinais cadros usando a técnica do collage, onde o elemento principal son as follas secas que previamente escollimos para o proceso de secado e prensado (entre follas de periódico).


Pero a actividade estrela foi a proposta de Land art; unha composición efímera tendo como base o serrín. O momento de facer a fotografía resultou máxico e como somos os maiores escribimos o título das nosas obras individuais.


E por suposto os máis cativos e cativas do colexio non ían ser menos, así que gracias á colaboración das nosas familias que aportaron unha gran cantidade de elementos do outono poidemos facer as nosas composicións. 

Algúns levaron a cabo "Mandalas do outono" por parellas.


E para mostra delo, aquí algúns exemplos das fantásticas mandalas.





Outros aproveitamos o fantástico patio do Cristo da Victoria para facer composicións ó aire libre:

  E aquí unha mostra de cómo nos quedaron:




Ningún comentario:

Publicar un comentario