benvidosempty

domingo, 21 de outubro de 2018

O OUTONO CHEGOU.....

Neste tempo que cambiamos de estación, no EEI Cristo Da Victoria, estivemos argallando sobre o tema e nas clases dos Cabalos e dos Tiburóns aprendimos mellor as cores do outono, os seus elementos e como non decoramos as nosas aulas.

1. fixemos un mural

2. iniciámonos no conteo e asociación de número - cantidade

3. melloramos na psicomotricidade fina e na atención

4. Por parellas fixemos as nosas árbores do outono, estampando os nosos braciños e mans e despois con corchos reproduxemos as folliñas que caen.

5. Estamos coñecendo ben de cerca as cores e texturas dos elementos do outono


Ningún comentario:

Publicar un comentario