benvidosempty

martes, 5 de febreiro de 2019

COÑECEMOS A VALENTINA TERESHKOVA

Como xa sabedes na escola Cristo da Victoria seguimos investigando sobre "Mulleres con pegada", e xa fai uns días que ás aulas de 4 anos chegou unha caixa sorpresa que nos deu pistas para descubrir quen era a seguinte muller a traballar. Sería Valentina Tereshkova, a primeira muller que chegou ao espazo.




A partir de este momento, comezamos a decorar a nosa casiña para poñernos "Rumbo ao espazo". Pintámola e a decoramos con constelacións e con astronautas coas nosas caras.



Tamén elaboramos o noso propio Sistema Solar, á vez que fomos descubrindo cousas sobre o mesmo.







Descubrimos as nebulosas e creamos as nosas propias, así como decoramos platos para que os nosos amigos extraterrestres tiveran os seus propios "platillos volantes"


E por último, descubrimos e gozamos da Realidade Virtual, sentíndonos como se estivésemos voando polo  espazo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario