Unha das chaves para cautivar o alumnado nesta disciplina tan completa é ofrecerlle modelos e que coñezan a existencia de artistas cos seus estilos e que entendan que cada obra transmite un sentimento ou ideas.
Durante o mes de xaneiro as xoaniñas descubrimos ó gran Pablo Picasso da man dos seus cadros maís representativos, símbolos universais da Paz, e nos animamos a facer replicas.
Comenzamos ca obra "Paloma da Paz", a única premisa era facer un boceto o mais parecido posible con lapiz e cando estiveran convencidos o rotularan.
Comenzamos ca obra "Paloma da Paz", a única premisa era facer un boceto o mais parecido posible con lapiz e cando estiveran convencidos o rotularan.
Na obra "Niño con paloma" fixemos unha composición cas nosas fotos collendo unha pomba entre as mans.
Así luce o corredor da nosa aula!!
A obra "Niña con corona y barco" foi todo un reto. debuxamos e coloreamos para despois recortar as pezas do puzzle e montar no lienzo realizado previamente. desta forma traballamos as líneas do ceo, do chan e as cores do fondo.
Tamén traballamos de forma significativa a escritura, pois cada xoaniña lle deu o seu nome o cadro.










Ningún comentario:
Publicar un comentario