Como ben sabedes, fixemos unha saída ao parque da Bouza, e tras iso chegou o momento de ponerlle nome a todo canto atopamos e mais clasificar e ordenar o material.
Xa todo ben ordenadiño, deixamos voar a nosa imaxinación e fixemos as nosas propias composicións do outono, poñendolle nome e explicándoo aos nosos compis.
Por último, dado a que este ano estamos inmersos no proxecto anual de centro "EMOCIONS" falamos sobre elas, cando nos atopamos así, como poder solventar algunhas situacións... para despois en pequenos grupos decidir qué emoción querían representar. Tras moito falar entre eles cada grupo púxose man á obra dialogando sobre a forma da cara que lle querían poñer, como se puñan os ollos, a boca as cellas etc cando representabamos esa emoción...
Pouco a pouco e respetando o turno de cada integrante do equipo foron creando estas auténticas obras de arte do mais emotivas.
Por outra banda levouse a cabo outro lan art onde buscamos como representar simbólicamente outros estados, sempre baixo o traballo conxunto e cooperativo.
E xa para rematar, e dando un pequeno adianto da festa que se aproxima para a vindeira semana aproveitamos os elementos do outono que nos sobraron para crear diferentes obxectos do Samaín, traballando con iso o medo




















Ningún comentario:
Publicar un comentario