benvidosempty

domingo, 3 de novembro de 2019

Samaín ao completo!

Pasado xa o tempo do Samaín, queremos contarvos de primeira man a morea de actividades que levamos a cabo para poder superar os nosos medos dunha maneira divertida e traballando ao mesmo tempo nas nosas intelixencias.

Comezamos falando dos nosos medos, para despois expresalos de maneira gráfica.



Tras isto tamén comezamos a levar a cabo actividades de decoración para o noso corredor, así que coa imaxinación a flor de pel cada quen elaborou a súa pantasma.


Por outra banda detivémonos na actividade de grafomotricidade divertida, onde levamos a cabo una tea de araña e a creación das nosas propias arañas venenosas traballando ao mesmo tempo a simetría e o reparto equitativo para que as arañas tiveran 4 patiñas a cada lado.


Continuando coa arte coñecimos a Munch e o seu cadro  "El grito", para o que pintamos coas acuarelas e representamos dito cadro a través do noso corpo.



Por outra banda mergullámonos nas novas tecnoloxías, para o cal primeiro tivemos que decorar as nosas cabazas converténdoas en caras terroríficas para posteriormente darlles vida coa tablet.



E por fin...chegou o gran día! o día en que pasámolo xenial e na que sen a axuda de moitas familias isto non podería ser posible!





ATA O PRÓXIMO SAMAÍN!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario