benvidosempty

domingo, 22 de decembro de 2019

NADAL NA ESCOLA

Nas semanas previas ó nadal, levamos a cabo diversas actividades que encheron as cativas e os cativos de ilusión e emoción.

Unha delas é o clásico ARTE CON CHOCOLATE, na que desfrutamos dunha visita a unha galería de arte, degustamos un delicioso chocolate con churros e paseamos polas rúas da nosa cidade para ver a decoración do nadal.




Por outro lado, decoramos unhas postais para votar na caixa de correos, as cales chegaron os fogares das nenas e dos nenos da escola. QUE EMOCIÓN!




 Tamén pintamos un simpático boneco de neve empregando moitas cores.


E como non, non podía faltar a fantástica exposición de gorros e sombreiros de nadal nos corredores da escola. Como sempre, grazas familias pola vosa colaboración!



 


BO NADAL E FELIZ ANINOVO A TODAS E A TODOS!







Ningún comentario:

Publicar un comentario