benvidosempty

venres, 31 de xaneiro de 2020

MÁIS DETECTIVES CA NUNCA!

Como sabedes os peques de 4 anos no primeiro trimestre estivemos inmersos nun proxecto de DETECTIVES, o cal tivo tanto éxito que a día de hoxe seguimos sendo uns detectives de primeira. Por tal motivo, e co fin de dar un bo peche a dito proxecto e a maiores seguir sendo un bo gancho para mergullarnos no proxecto actual sobre o noso corpo, tivemos a visita especial da POLICIA CIENTÍFICA!!!  O nunca visto!!

Con eles puidemos coñecer de primeira man como atopan as impresións dixitais que están impregnadas en cada cousa que tocamos, e por tanto poden coñecernos posto que estas pegadas fan que sexamos únicos.





Por último tamén desfrutamos do que máis nos gusta...o coche de policia, tocando o claxon, saindo e entrando por cada unha das portas, vestindo coma auténticos polis en acción co casco, o chaleco, esposas... 




Sen lugar a dúbidas, unha experiencia do máis gratificante!

PD: SEGUIMOS INVESTIGANDO!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario