benvidosempty

luns, 20 de xaneiro de 2020

NOVO PROXECTO Á VISTA!!!

Comezamos o segundo trimestre con forza e os nenos/as de 4 anos xa temos un novo reto por diante...queredes sabelo?? pois abride ben os ollos ...

Cando chegamos a clase atopámonos un escenario pouco habitual...pero....tranquilos, porque nada é o que parece! 


O primeiro....foi ver unhas caras de sorpresa alucinantes e acto seguido coller lupas para comezar a investigar e por suposto escoitar "temos que atopar unha chave para abrir o candado!!"
Unha vez que conseguimos tranquilizarnos un pouquiño, analizamos o que tiñamos diante dos nosos ollos para despois dar comezo aos xogos propostos en cada unha das pistas.

O reto conseguía en atopar en cada un dos xogos  un número segredo de xeito que ao finalizar cada proba obtiveramos un código o cal abriría un candado...desta vez non fixo falta chave algunha...ijijji


Pero o máis importante da actividade é que tiñamos que atopar os números baixo o traballo en equipo levando connosco o noso papel de rexistro.



Explicámosvos as probas rápidamente.
1. Tiñamos que observar unha lámina na que había diferentes elementos e contalos, para despois facer unha pequena suma, de onde sairía o primeiro número!


2. Atopamos uns carteis con números. Cada número agochaba unha letra pois unha palabra misteriosa había que descifrar. Para iso botamos man da nosa ruleta onde tivemos que contar e recoñecer os números máis recoñecer a letra.
Unha vez resolta a palabra podíamos rascar con axuda dunha chave no papel, como o clásico xogo do ""rasca e gaña". Aí estaba o seguinte número segredo!!!

3. Imos chegando ao final e atopámonos co xogo das diferenzas entre duas fotos. O número segredo era o número de diferenzas que atoparamos.

4. Por último, tivemos que crear un debuxo continuando a serie numérica para despois solventar unha pregunta ao respecto e obter así o derradeiro número.


Xa todos na asemblea fomos compartindo os nosos resultados por grupos e....
CONSEGUIMOS O CÓDIGO SEGREDO!!!



Ao abrir a caixa descubrimos de quen se trataba ese home que estaba no chan....un debuxo de Keith Haring!!! Tras falar sobre él e ver distintas obras chegamos á conclusión de que iamos aprender sobre o corpo humano, comezando polo movemento e sentir do mesmo....pero nunca sabemos ata onde chegaremos grazas as nosas cabezas pensantes!!

CONTINUAMOS INVESTIGANDO!


Ningún comentario:

Publicar un comentario