Boas Familias!
A continuación deixámosvos una serie de propostas
lóxico-matemáticas para facer estes días na casa. É importante que incitedes os
nenos/as a que conten, clasifiquen, numeren con cousas que teñamos ou nas
diferentes tarefas do fogar.
1.
Asociar número e cantidade con cousas que
teñamos na casa: pinzas, tapóns, plastilina, paus...
2.
Clasificar obxectos da casa pola súa utilidade e colocalos no seu sitio:
de cociña, de hixiene, de vestimenta… Unha vez clasificados poden contalos.
3.
Realizar unha axenda con números de télefono dos
familiares. Nesta actividade ou ben os nenos/as poden escribir os números e
pegar unha fotografía ou debuxo do familiar ó lado, ou ben darlle vos recortes
dos números para que os peguen.
Non esquezades a importancia que ten que os vosos fillos e
fillas teñan unas rutinas diarias e que participen de maneira activa nas
tarefas da casa ( poñendo e recollendo a mesa, axudar a limpar, ordear o seu
cuarto…).
Ánimo familias!



Ningún comentario:
Publicar un comentario