benvidosempty

xoves, 10 de decembro de 2020

XOGAR CON AUGA!


O alumnado tivo propostas de transferencias líquidas, nesta ocasión utilizaron auga.


A auga é un dos elementos naturais que máis lle gusta a cativada. Provimos dun medio acuático xa que pasamos os primeros 9 meses envoltas e evoltos nel. Por iso, recuperar e retomar este medio é tan importante como pracenteiro. 

Presentei actividades para os diferentes niveis e en moitas ocasións ofrecía novos materiais as crianzas se vía que decaía a súa atención e/ou interese.

O alumnado de 3 anos utilizou esponxas. 





A única consigna era manter limpa a bandexa cando a auga derramábase.



Ó alumnado de 4 anos introducínlle a xerra e o embude. Este último espertou gran asombro en todas e todos. Desfrutaron cas gañas de descubrir o que vían a través del, observando o fluír da auga, o son que facía a auga ó pasar por el...con todo o tempo a súa disposición.



O alumnado de 5 anos tivo varios elementos máis. Cabe destacar, que en todos os niveis, foron elas e eles os que me sorprenderon buscando e experimentando con novas posibilidades de utilidade dos materiais. Algunhas eran posibles de realizar e outras vían como se espallaba a auga e entendían que non era posible. Deixar que suceda o ERRO é indispensábel.
















Ningún comentario:

Publicar un comentario