benvidosempty

domingo, 18 de abril de 2021

UNHA MOREA DE GARAVANZOS!

Nesta ocasión, a rapazada da escola desfrutou de transferencias en seco utilizando garavanzos. 

Presentei a proposta adaptada ós diferentes niveis do alumnado. As crianzas de 3 anos tiñan dúas cuncas e unha culler. Nesta ocasión presenteilles tamén o embude e foi un elemento de observación e experimentación.

As crianzas de 4 anos tiñan oveiras recicladas e unha culler de gran tamaño para repartir os garavanzos.

Por último, as crianzas de 5 anos tiñan pinzas e un bote reciclado. 


O primeiro paso sempre é explorar as posibilidades sensoriais de calquera material.


Despois de procurar utilizar os utensilios propostos, algunhas e algúns utilizaban as propias mans ou demandaban elementos novos doutros niveis. O obxectivo é explorar, descubrir e respectar os seus ritmos.


Están, mediante o xogo, traballando a coordinación, a concentración e a orde.




Unha das cousas que máis desfrutou a rapazada foi descubrir as múltiples posibilidades sonoras que existían ó utilizar os diferentes elementos.




Un dos nosos obxectivos neste obradoiro é aprender a barrer. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario