benvidosempty

sábado, 26 de outubro de 2019

un outono do mais emotivo

Boas de novo familias!

Como ben sabedes, fixemos unha saída ao parque da Bouza, e tras iso chegou o momento de ponerlle nome a todo canto atopamos e mais clasificar e ordenar o material. 




Xa todo ben ordenadiño, deixamos voar a nosa imaxinación e fixemos as nosas propias composicións do outono, poñendolle nome e explicándoo aos nosos compis.





Por último, dado a que este ano estamos inmersos no proxecto anual de centro "EMOCIONS" falamos sobre elas, cando nos atopamos así, como poder solventar algunhas situacións... para despois en pequenos grupos decidir qué emoción querían representar. Tras moito falar entre eles cada grupo púxose man á obra dialogando sobre a forma da cara que lle querían poñer, como se puñan os ollos, a boca as cellas etc cando representabamos esa emoción...


Pouco a pouco e respetando o turno de cada integrante do equipo foron creando estas auténticas obras de arte do mais emotivas.









Por outra banda levouse a cabo outro lan art  onde buscamos como representar simbólicamente outros estados, sempre baixo o traballo conxunto e cooperativo.





 E xa para rematar, e dando un pequeno adianto da festa que se aproxima para a vindeira semana aproveitamos os elementos do outono que nos sobraron para crear diferentes obxectos do Samaín, traballando con iso o medo



venres, 11 de outubro de 2019

SAÍDA Ó PARQUE DA BOUZA

Como xa fixemos o curso pasado, hoxe as Nubes e as Estrelas fixemos de novo a saída o parque da Bouza para buscar cousas do outono coas que poder traballar despois na nosa aula. A verdade é que o pasamos xenial e trouxemos as bolsas moi cheas... Mirade o ben que o pasamos!!
Moitas grazas ás mamás e ós papás que nos acompañaron nesta saída e que a fixeron posible.













TRABALLAMOS O MEDO

 Dentro do noso proxecto anual adicado durante este curso As Emocións, as aulas de 5 anos estamos a traballar durante este mes de outubro como non podía ser doutro xeito, a emoción do MEDO.  E aquí podedes ver, como tanto as Nubes como as Estrelas, están feitos uns artistas. Describindo a través do debuxo que é o medo para cada un, e tamén coñecendo a obra "El Grito" do pintor noruego Edvard Munch. 








luns, 30 de setembro de 2019

Periodo de adaptación rematado



Na escola Cristo da Victoria estamos de noraboa, o periodo de adaptación chegou o seu fin para os nosos 35 cativ@s que empezaron aló polo 11 de setembro a súa travesía na nosa compaña.
Foron días para coñecernos, para crear vínculos, explorar os espazos da escola, visitar a Nubes, Estrelas, Cabalos e Tiburóns, e descubrir as propostas pensadas con tanto agarimo para eles.
Estes días foron intensos, non faltaron os choros e as apertas para acollelos, para darlle a seguridade que necesitan para explorar e gozar do xogo.  A mesa de luz e a mesa de experimentación convertíronse nas nosas aliadas dentro das aulas para disfrutar en compañia dos outros.

Dende a escola queremos agradecer a cada unha das familias que fixo posible que este tempo de acollida fora un éxito, grazas pola vosa comprensión e dispoñibilidade en canto os horarios establecidos para tal fin.
!!!En breves vos contaremos que nome escolleron de grupo cada aula!!! 






mércores, 3 de abril de 2019

FAMILIAS....GRAZAS!!!

Todo o que argallamos no Cristo da Victoria, non podería facerse en parte, grazas a vós, as familias!

Grazas a vosa colaboración, aportando material ó aula o longo de todo o curso, axudounos por unha parte a aumentar os nosos recantos ESPACIAIS, pero tamén axudou a que os nenos e nenas contasen aos seus compañeiros e compañeiras o seu material, o que implicaba ter que esforzarse nas súas explicacións para que todos o entenderamos e como non, aportoulles confianza en sí mesmos.



Por se isto fóra pouco, tamén propiciou a que xurdiran actividades novas, como por exemplo coa chegada do conto "Saturnino".

Grazas a este conto, convertémonos en Saturnino e viaxamos con el por distintos planetas ata agora descoñecidos, e no que se poden realizar cousas moooi divertidas.

A primeira parada ...PINTAR!!!



Cada grupo creou o seu debuxo no planeta e ao rematar, tivemos que poñerlle nome ao noso novo planeta, polo que tras dar ideas e tras unha votación....

Así quedaron os nosos novos planetas!



Seguindo o camiño de Saturnino atopou unha marciana que o único que facía era cantar, polo que cada un de nós aportou a nosa clase a sua canción favorita, polo que cada día algún de nós tiña que presentar a súa canción, perdendo así a nosa vergoña e cantando un pouquiño para os nosos compis.
Menuda festa tivemos no aula!
Agora temos a nosa propia banda musical!


A derradeira parada foi no planeta onde non hai xoguetes, pois....pódese xogar sen xoguetes. Foi por iso que cando saímos da clase atopamos unhas caixas coas cales poder deixar voar a nosa imaxinaciñon! E non nos quedamos cortos: converteuse nun trineo, empaquetamos aos noso compis para mandalos por correos, viaxamos en nave espacial e ata tivemos unha aguia!




Pasámolo en grande!!!! seguro que coa vosa axuda no seguinte trimestre poderemos seguir facendo cousas increíbles!!!

Unha vez máis,....GRAZAS!!!!

mércores, 27 de marzo de 2019

Continuamos coñecendo a Alexander Calder!

Como sabedes os cabalos están inmersos no mundo artístico de Alexander calder e pouco a pouco imos coñecendo novas técnicas, mellorando na orientación espacial e como non superando novos retos.

Vos presentamos dous novas obras.

Por un lado, coa obra de "amanecer", ademais de analizar e recoñecer distintos elementos, traballamos a figura - fondo, e coñecimos as acuarelas.

 
A segunda obra a tratar foi un auténtico reto, pois tras falar do cadro e darlle nome as figuras que alí había enfrentámonos ó papel en branco grande e máis o material que precisabábamos.




Non sei vos, pero as veces éntrannos as dúbidas de cal é o orixinal. 

Somos uns auténticos artístas!!