benvidosempty

mércores, 25 de novembro de 2020

BERRAMOS #25NOVEMBRO

Hoxe #25N a cativada da escola #cristodavictoria fixo visible o lema "Estamos a berrar que esto ten que acabar".




 Grazas o proxecto anual do centro #emocións, esta semana traballamos o enfado. 
Agora mais que nunca tamén falan os nosos ollos e gañan todo o protagonismo nesta nova normalidade a que nos estamos adaptando.






 Nas aulas de 3 e 4 anos decoraron as súas máscaras e os Tibus e Cabalos, por ser os maiores, deixaron cunha letra ben feitiña as súas prioridades: respecto, igualdade, libertade. Mensaxes directas o corazón e que nos fan creer nunha futura sociedade chea de virtudes.







sábado, 7 de novembro de 2020

OBRADOIRO DE VIDA PRÁCTICA

 O alumnado da EEI Cristo da Victoria está comezando a saber que significa iso de "Vida práctica".

As actividades que faremos conlevan unha mesma finalidade que é ser capaces de facer as cousas por sí mesmas e mesmos. Para iso, as persoas adultas debemos observar moito, preparar o ambiente para que poidan iniciar esa conquista. É indispensábel ser paciente, relativizar, dar confianza e seguridade para que a cativada e nós mesmas vexamos o erro como unha oportunidade de aprendizaxe.

Utilizan as bandexas para a actividade proposta. A persoa adulta presenta a actividade previamente e fará todos os pasos. Logo, elas ou eles fan a actividade así ou como lle parece; talvez estean a descubrir outras cousas. Sempre que non estean a maltratar o material é interesante non corrixir.

Empezamos con algo moi sinxelo para exercitar a psicomotricidade fina e o traballo da man. Fixeron transferencias con pinzas e tapóns. A miña intención foi graduar as actividades ás habilidades e necesidades de cada crianza.

Practican unha habilidade mediante a repetición. 


Logo, aprenden tamén por experimentación e comezan a desfrutar con outras actividades. 




A partires da manipulación e a exploración activan a súa creatividade, os seus sentidos, a capacidade de pensar...todo está conectado.




Nun mesmo grupo de nenas e nenos, cada crianza ten o seu ritmo madurativo e o importante é que desfrute do proceso.





Están exercitando a prensión, a coordinación óculo-manual e a concentración.


Se queremos que sexan crianzas autónomas, prepararemos obxectos indicados ó seu carón para que poidan limpar ó rematar e deixar todo o material no seu sitio.


venres, 23 de outubro de 2020

...OUTONO ...

 

Ola!!!

 Os maiores do cole ainda no demos sinais por aquí...parece que non estamos pero …SIII!

Estamos recuperando  o tempo perdido e é que tiñamos moitas ganas de volver as nosas andainas, a mergullarnos en distintas actividades, mancharnos, gozar con todo o que atopamos polo noso camiño, ... pois como sabedes...cada día é unha auténtica aventura 100%!!!

Pasámonos por aquí para contarvos que, entre otras moitas cousas, como non podía faltar, detivémonos no outono e nesta ocasión fixemos o seguinte: 

1º a través do noso traballo cooperativo analizamos obxectos, escribimos OUTONO, analizamos a palabra e gozamos sensorialmente a través do arroz, da auga facendo traspases así  como tamén tivemos que debullar o millo para despois cos grans facer composicións, números, letras etc.






2º. Centramos a nosa atención para crear bodegóns e  melloramos no grafismo




3º Tamén fixemos unha excursión polo noso patio de herba para recoller as follas de outono e así despois dar liberdade a nosa creatividade e crear diferentes elementos.



Para ir rematando tamén levamos a cabo unha actividade onde recordamos a técnica do puntillismo e fixemos actividades de lecto.




venres, 9 de outubro de 2020

OS DE 3 ANOS XA ELEXIMOS OS NOSOS NOMES.



Queridas familias

        Os nenos e nenas de 3 anos xa fai máis dunha semana que rematamos o período de adaptación á escola...e aínda que houbo algún que outro choro..fomos uns auténticos campións e xa estamos case totalmente adaptados a dinámica da escola e da nosa aula...
    
    Como sabedes é tradición que cada aula teña un nome que a identifique dentro da escola..e nos, non ibamos a ser menos...e os nomes elixidos foron os de AULA DAS POMPAS e AULA DOS MAG@S
👏👏👏


 Agora xa comenzamos a traballar polos distintos rincóns, e aquí podedes ver algunhas das actividades que estamos a levar a cabo estes días..










     


        Esperamos que vos gusten, e mandámosvos un abrazo cheo das cores das pompas e cheo de maxia.

mércores, 17 de xuño de 2020

~~GRADUACIÓN~~

Queridas familias

Fai xa 3 anos que chegàstedes a nosa escola,  e agora toca poñer un punto e aparte na nosa historia.

Este ano, non podemos facervos un acto de graduación como vos mereceríades, e por iso, todos os mestres e coidadoras da escola, así como distintas mestras q pasaron pola vosa vida durante estes 3 anos, quixemos facervos un vídeo que esperamos vos faga ilusión.

 Cada día durante estes últimos anos, cando entráchedes na escola, Fóstedes fabulosos, intelixentes, exploradores, científicos, matemáticos, creativos, bos amigos, únicos... en definitiva, fóstedes a RAZÓN de que estivéramos ó voso lado.

Desfrutade do verán Nubes e Estrelas, xa que en setembro comenzará unha nova aventura...pero recordade, que tal e como di Winnie the Pooh:

"Eres mais valente do que crees,
mais forte do que pareces,
e mais intelixente do q pensas"

😉

luns, 15 de xuño de 2020

PÓSTER DIXITAL CON SABOR A VERÁN

Benqueridas familias!
Presentámosvos as últimas propostiñas dos obradoiros a través dun póster dixital.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!
 UN BICO FAMILIAS!

venres, 12 de xuño de 2020

OBRADOIRO DE TEATRO E PSICOMOTRICIDADE

Ola familias! Hoxe presentámosvos un obradoiro de teatro partindo do conto "A Cebra Camila". Tamén, un obradoiro de psicomotricidade cuns xogos para facer na praia.
Aí van as propostas.







A DESFRUTAR!

mércores, 10 de xuño de 2020

OBRADOIRO DE INGLÉS CON COOKIE

Ola nenas e nenos!
Cookie ten preparadas unhas actividades moi divertidas.
Preparad@s?

 “HELLO HELLO! CAN YOU CLAP YOUR HANDS?”
“BABY SHARK”

 SPOTTED AND STRIPPED BALLOONS


“CAMEL HANDPRINT CRAFT”
Goodbye families!

luns, 8 de xuño de 2020

OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS

Ola familias! Comezamos a semana cun obradoiro variado de matemáticas.
Esperamos que vos gusten os xogos.



COMO FACER UN TANGRAM? IDEAS
UN BICO FAMILIAS!

venres, 5 de xuño de 2020

XOGANDO COAS CORES

Familias! Partindo do conto traballado esta semana, "Un libro", propoñémovos unhas actividades relacionadas con dramatización e psicomotricidade. Tamén deixámosvos outros contiños deste artista que pode gustarvos.





UN BICO FAMILIAS!

mércores, 3 de xuño de 2020